Páxinas

venres, 25 de outubro de 2013

Músicas Miúdas...

... feitas con sons elixidos minuciosamente en... 

PEQUENOS CONTORNOS.

A consigna foi buscar ese SON soprando, percutindo, sacudindo, raspando, etc. entre todos os obxectos que chamasen a nosa atención nun sitio concreto da casa (elixido na clase por maioría).

Foi moi divertido!!! Saíron músicas chulísimas!!! Algún dos SONS resultaron verdadeiras xoias agochadas, agardando que alguén chegase a descubrilas!!!

E así foron as nosas Músicas Miúdas:
cousas do CUARTO


cousas do BAÑO                 cousas da COCIÑA

Músicas Miúdas...

cousas do FAIADO, BODEGA, GARAGE, TRASTEIRO...


FERRAMENTAS



@s compañeir@s de 2ºB  fixeron unha procura particular: percorreron todos os recunchos da casa para atopar...

IDIÓFONOS DE MADEIRA

xoves, 24 de outubro de 2013

FOLGA XERAL ENSINO

Sobran motivos...

Nunha sociedade na que se eduque en función da capacidade económica, se segregue por sexos y se valore máis a competitividade que a cooperación; non terán lugar a creatividade, a expresión artística, o libre pensamento, a solidariedade...

Neste cole parece que o teñen claro, mirade:

mércores, 23 de outubro de 2013

Galegos Universais

Catro Compositores Galegos foron nominados aos "Hollywood Music in Media Awards 2013", premios que se entregarán nunha gala que se celebrará o 21 de novembro no "Fonda Theatre" de Los Ángeles.
Trátase de Antón Alcalde, Daniel Minimalia,  Karolis Biveinis e Rubén Vizcaíno.

¡¡¡NORABOA AOS CATRO!!!



Se queredes podedes ler a NOTICIA AQUÍ.

Galegos Universais

Os pesados discos de pizarra do século XIX e comezos do XX só permitían rexistrar sons de pouca duración, uns sete minutos lembran os historiadores.
Antes de que chegase o disco de vinilo a Galicia, dous irmáns composteláns, Juan e José Portela Seijo, convertíanse en pioneiros cun MAGNETÓFONO que gravaba son nun FÍO DE ACEIRO (¡¡¡no ano 1939!!!).



Mirade que curioso como se fan os discos de VINILO, que inda que moitos de vós nunca mirou un, hai determinadas músicas que seguen gravándose neles.

martes, 15 de outubro de 2013

músicos e veciños

Éste é outro dos nosos veciños músicos, o contrabaixista Antonio Castillo, que toca esta noite co seu trío en "La casa de arriba" en Vigo.
Podedes ir escoitando algo:
In walked Bud from Antonio L. Castillo on Myspace.

luns, 14 de outubro de 2013

Músicos na familia

Case todos temos algún músico na familia. Uxía Couñago, de 4ºA, tamén.
O seu tío Carli é o guitarrista do grupo R.M.S., habitual no LIXO ROCK.
Uxía atreveuse a facerlle unha reportaxe no medio de outros reporteiros "importantes" da tele.
Aquí tedes a proba.

E aquí tedes o videoclip que fixeron en estudio do clásico "BORN TO BE WILD" (que en galego ven sendo "nacido para ser salvaxe"). Se premedes AQUÍ atoparedes a letra e a tradución.

MOITAS GRAZAS, Carli Míguez Pena!!!
MOITAS GRAZAS R.M.S.!!! 
MOITAS GRAZAS Uxía pola reportaxe!!!



venres, 4 de outubro de 2013

Paisaxe Sonora

Este ano intentaremos facer un rexistro da Paisaxe Sonora do noso CONTORNO, xa que non sempre somos conscientes de que o SON tamén forma parte del. 
Esta é a primeira toma que fixemos, inda que non nos gusta que forme parte do noso pequeno mundo.
Trátase dun hidroavión traballando nun incendio perto de Reboreda. A foto foi tirada por Paula e o son recollido por Carmen, as dúas de 5ºA.


A partir de agora, Reboreda xa aparece no mapa das Paisaxes Sonoras da plataforma ESCOITAR.ORG, onde hai milleiros de paisaxes de todo tipo.
 ¡¡¡ATÓPANOS !!!

xoves, 3 de outubro de 2013

Unha eiruga ... ¡MOI LARPEIRA!

Cara o fin do curso pasado, @s nen@s de 4ºA e 4ºB decidiron representar o conto de Eric Carl "Unha eiruga moi larpeira" empregando a técnica da luz negra. Así quedou a obra na representación do festival.


A BANDA SONORA 

Na aula de música, traballamos duro para crear a banda sonora sobre a que escenificar a obra. O primeiro foi recrear os sons da noite e do día 


Logo exploramos entre os obxectos e instrumentos da aula para atopar máis de dezaséis rilladas diferentes 



E por último creamos unha melodía que fose mudando como a propia eiruga, primeiro fraca, logo gordecha e ao final.....
BOLBORETA!!!


foi un pracer compartir o traballo c@s nen@s; coas profes Luisa, Lydia e Alicia; e con Luisa Gago, daquela coidadora.

 Moitas grazas!!!