Páxinas

martes, 21 de novembro de 2017

BIBLIOCONCERTOS. Baño sonoro de novembro

O próximo venres é o último de novembro, ou sexa que no recreo toca gozar dun Baño sonoro na aula de Psicomotriciade.
Esta vez @s artistas serán @s nen@s de 5ºA, e isto é máis ou menos o que escoitaredes.

ARRISCÁDESVOS A DICIR DE QUE PAISAXE SE TRATA?

NON VOLO PERDADES!!! 
ESPERÁMOSVOS

sábado, 18 de novembro de 2017

Gravamos cortinas musicais

Pepe "O mexillón" desafiounos a facer noticiarios relacionados cos animais en cada curso.
En 3ºB decidiron crear as súas propias  Cortinas musicais para cada sección do noticiario.
Así foi como as gravamos na Aula de Música:

E AQUÍ tedes o noticiario completo.
Moitas grazas profe Lydia por propoñer este traballo, divertímonos moito facéndoo!!!

martes, 14 de novembro de 2017

ENSEMBLE REBORAINO

Este ano embarcámonos nunha nova aventura: formar unha agrupación con tod@s @s músic@s do cole que queiran participar.
O ENSEMBLE REBORAINO xa está ensaiando!!!
Esperamos que nos poidades escoitar pronto.

venres, 10 de novembro de 2017

Baño sonoro

E así foi o baño sonoro que fixo 5º B para @s compañeir@s de Infantil.
Grazas Profe Rosa por recoller a experiencia en vídeo e compartila no voso blog!!!
Se premedes na imaxe ides directamenta á publicación.

https://pequesreboreda.wordpress.com/2017/11/09/un-bano-sonoro-polo-bosque-da-man-dos-nenos-e-nenas-de-5o/

domingo, 5 de novembro de 2017

IMPROVISA

Proba improvisar con esta combinación das animacións sonoras do IMPROVISA.
As ilustracións pertencen ao Acuario Xaponés de Cristina Casanova. E os sons, tamén editados por ela,  ao álbum "Hapiness is stupid".
Preme na imaxe, agarda a que se carguen os arquivos....e a crear co teclado do ordenador!!!
http://www.improvisa.cat/improvisacio.php?acuario_japon_s_+_happiness_is_stupid_mejor_album_nacional_del_a_o_1996&239s68

Atoparás moitas outras combinacións se vas ao botón de IMPROVISA que está na columna da dereita.

http://www.improvisa.cat/

xoves, 2 de novembro de 2017

Samaín Magosteiro

E así foi o martes o noso Samaín magosteiro. Ou Magosto samaineiro......?
Tanto ten. A cousa é que fixemos un conxuro para botar os medos fóra, vestimos atuendos pouco habiatuais, comemos castañas, pintamos a cara.....
ATA CANTAMOS E TOCAMOS A PANDEIRETA!!!