Páxinas

mércores, 30 de xaneiro de 2013

Visita Mariachi

Carlos García Gómez (pai de Carlos García Pazos, de 3º A) fíxonos unha visita para ensinarnos o GUITARRÓN. Algún de nós nunca mirara un nin en foto.
Viñeron con el dous compañeiros do grupo MARIACHI: Gabriel (o violinista) e Lino García que este día tocaba o cuatro e tamén é o director do grupo.
¡¡¡Ana de la Iglesia atreveuse a subir ao escenario e comprobar o peso de instrumento!!!


E logo cantamos xuntos todas as cancións mexicanas que sabemos.
 Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas.

 ¡¡¡MOITAS GRAZAS CARLOS, GABRIEL E LINO!!!!!

2 comentarios:

  1. Cando queirades estamos a vosa disposición. Recordo que pasamos un vo día con todos os rapaces e o sorprendente era mirar a todos eles cantar as cancións. Disfrutei moito e o mismo os meus compañeiros.

    ResponderEliminar
  2. Estamos moi agradecidos pola vosa disposición e polo ben que nolo fixestes pasar.
    ¡¡¡GRAZAS!!!
    E vos tomamos a palabra, xa vos invitaremos novamente.

    ResponderEliminar