Páxinas

luns, 16 de marzo de 2020

Áureas no cole

Fai hoxe unha semana metémonos nun túnel do tempo e aparecemos en 1920 para asistir ao concerto de Áureas, cinco mulleres daqueles tempos...
Cantamos, bailamos, aplaudimos...
Foi así:

O nome do grupo é unha homenaxe a unha muller pioneira e valente nun mundo reservado daquela aos homes: ÁUREA RODRÍGUEZ, gaiteira de Cartelle-Ourense (moi preto de Celanova) e mánager do grupo OS MARABILLAS DE CARTELLE.
Movida pola necesidade ao falecer nai e pai, non dubida en crear un medio de subsistencia para ela e os seus irmáns menores: Castor, Felisindo, Manuel, Eliseo y Benigno.
Durante os anos '20 actúan por toda a xeografía galega. Tal é o éxito que rematan traspasando fronteiras e actuando en Madrid e en Bos Aires, cidade á que emigran, probablemente, na década dos '30. 
Cómpre saber que a finais do sécuo XIX, o termo “gaiteira” tiña connotacións negativas, como reflicte un dos primeiros dicionarios galegos, o de Juan Cuveiro Piñol de 1876.
Gaiteiro: o que toca a gaita. Gaiteira: muller de vida alegre, “casquivana”.



2 comentarios:

  1. Que marabilla!!!cantas cousiñas podense aprender mentres estamos na casa, non sobra o tempo para aburrirnos!!!
    Parabéns a Áureas, sodes xeniais!!! e a profe, que ainda en corentena , non para de traballar!!!!! forza pra saír de isto!!!! bicos e apertas xigantes!!!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas Inés!!!!
    Bicos e apertas xigantes tamén para ti.

    ResponderEliminar