Páxinas

xoves, 26 de marzo de 2020

Un marabilloso mundo

Este tempiño de baixar a velocidade, de quedar na casa, déixanos espazo para poñer atención na marabilla que nos rodea. Sería boísimo que isto que nos pasou servise para coidar dela, deste mundo que é a nosa casa. 
Déixovos esta montaxe de Carlos Lago, profe de plástica no Pino Manso, con cadros de Leandro Lamas e unha versión de What a Wonderful World, peza de George David Weiss & Bob Thiele, que fora popularizada por Louis Armstrong a finais dos ‘60.
Aquí escoitaredes a Chris Botti e Mark Knopfler. 
Abaixo tedes a tradución da letra.
Non podía encaixar mellor audio e imaxe!!! Fermoso traballo!



Un marabilloso mundo
Vexo árbores  verdes , rosas vermellas tamén
Véxoas florecer , para min e para ti
E penso que é un marabilloso mundo
Vexo ceos  de azul e nubes de branco
O día glorioso e brillante, a escura noite sagrada
e penso  que é un marabilloso mundo
As cores do arco da vella son tan fermosas no ceo
son tamén as facianas das persoas que van por aí
Vexo amigos dándose a man dicindo: como estás?
cando  en relidade queren dicir: quérote  
Oio  bebés chorando, véxoos medrar
eles aprenderán moito máis do que cren
e penso que é un marabilloso mundo
Si, penso que este é un marabilloso mundo. 

4 comentarios:

  1. Ola son Antón de 5A pareceme unha canción preciosa! Espero que esteades ben, vemonos á volta!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Antón!!!
      Alégrame saber de ti!
      Eu estou ben, traballando moito pero a outro ritmo.
      Efectivamente, a canción é ben fermosa.
      Está atento ao blog que mañá tedes traballo.
      Bicossss telemáticos!!!

      Eliminar
  2. Encantoume o vídeo e a mensaxe que hai tras el e a da letras da canción.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola profe!!!
      Si, unha canción tantas veces escoitada e nunca se me dera por traducila...
      O mundo visual de Leandro Lamas é marabilloso. E o Traballo de Carlos tamén!
      Bicosss

      Eliminar