Páxinas

mércores, 22 de abril de 2020

Xa fun a Marín. 4º, 5º e 6º

O outro día Román fíxome lembrar esta peza, unha das primeiras que aprendín coa gaita.
É bonita, é sinxela, sábea todo o mundo....

A CANTAR!!!

O retrouso podédelo cantar tamén coa letra de Román:

Xa fun a Marín,
as pernas che vin,
por un buratiño
que tes no mandil.

E as coplas poden ser calquera, mentres teñan catro versos de 8 sílabas e lle poñades un Ai! diante de cada verso. Mesmo podedes inventalas!!!

Podedes acompañala co xogo de mans de Román, co ritmo das panadeiras, coas piñas, coas culleres...



Así que tedes traballo!!!

4ºA e 4ºB poden aprender o retrouso:



5ºA e 5ºB poden aprender a copla tamén, ademais do retrouso.




E 6ºA e 6ºB pódena aprender enteira na súa voz, na oitava. Lembrade destapar medio buratiño do polgar da man esquerda!!!




Déixovos tamén as partituras.
































































MANDADE VÍDEOS!!!
musisabel2@gmail.com


MOITOS BICOSSSSS 

2 comentarios:

  1. Gracias profe a min faltanme practicar un pouquiño mais e xa esta.
    Bicoooooooosssssssssss

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitos bicosssss. Es Martín de 5ºB, non?

      Eliminar