Páxinas

mércores, 6 de maio de 2020

As sobreiras

Onte Mauro, de 6ºA, compartiu un anaquiño do seu paseo, ao carón dunha sobreira.



Fíxome lembrar dunha cantiga que cantaba no Coro Cantares de Brión, con música de Luís Correa e letra del mesmo coa colaboración do seu irmán, Manolo Pipas.

No retrouso:

NON TE QUERO LONXE, VEN PRA MIÑA BEIRA
ESTAREMOS XUNTOS AO PÉ DA SOBREIRA

fainos pensar en todas aquelas persoas ás que hai case dous meses que non vemos.

E logo nas coplas fala desta árbore, tan noble, tan nosa e que tantos servizos nos presta.

Podedes aprendela!!!



SOBREIRAS
Luis Correa, Manolo Pipas


NON TE QUERO LONXE, VEN PRA MIÑA BEIRA
ESTAREMOS XUNTOS AO PÉ DA SOBREIRA

SOBREIRIÑA DESTA TERRA
TESTEMUÑA ES DA VIDA
DO PASADO E DO FUTURO,
DE PESARES E ALEGRÍAS

EN CALLOBRE OU HERBÓN
NA PENEDA OU NA SALETA
DENDE O FARO AO ARNEGO
CAMPAS TI CON GRAN BELEZA

TEMOS NO BARRIO DE COIA
SOLITARIA UNHA SOBREIRA
ENTRE CARROS E EDIFICIOS
BOTA EN FALTA AS COMPAÑEIRAS

MIL TRABALLOS DA CORTIZA
ARRINCADA DAS SOBREIRAS
PARA O VIÑO, PARA O MEL
PARA AS GAITAS DESTA TERRA


2 comentarios: