Páxinas

venres, 15 de maio de 2020

Os intrumentos. Membranófonos

A estas alturas xa saberedes que os membranófonos son instrumentos ou obxectos nos que o son se produce pola vibración dunha membrana.

Temos na aula de música unha chea deles: pandeiretas, pandeiros, timbais, tambor, bombo....mesmo temos timbaliños feitos por nós.

LEMBRADES?

E tamén utilizamos ás veces o TUBO DE TRONOS, o TAMBOR CHAMÁNICO, a CAJA CHAYERA e fixemos timbais de globo: "GLOBÓFONOS".

Este ano decatámonos de que todos os BALÓNS que levan aire dentro e non son ríxidos, funcionan como membranófonos se os golpeamos ou percutimos...

Hainos de marco, como a pandeireta e o pandeiro; con caixa de resonancia, como os timbais, o tambor e o bombo; cunha membrana (timbais) ou dúas (todos os tambores -menos o chamánico que é en realidade un pandeiro a pesar do seu nome).

E pódense percutir, rascar, soprar, sacudir no caso do tubo de tronos.....


No caso da CUICA (Brasil) e da ZAMBOMBA (península Ibérica) frétase un pau atado á membrana. A vibración do pau transmítese á membrana, e a altura do son modifícase estirando ou soltando a membrana coa man que queda libre. A única diferenza é que na CUICA o pau vai dentro da caixa e non se ve, e na ZAMBOMBA vai fóra.




Mesmo este experimento que fixeramos o ano pasado na aula de música utiliza un membranónofo que vibra por simpatía. Lembrades?


8 comentarios:

  1. que chulos os debuxos que fai a o soprar!!!


    que clase é ???


    Candela 4ºA e Nicolás 3ºA

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non é ao soprar, é ao cantar dentro do tubo. A vibración transmítese á membrana e a area fai debuxos porque non toda a membrana soa ao mesmo tempo, dependendo da altura do son fai diferentes debuxos.

      Eliminar
  2. Siii. Viches?

    Pois non lembro con que curso o gravamos pero o experimento fixémolo todos, co voso grupo tamén. Non o lembras?

    ResponderEliminar
  3. hola,son Sandea si que o fixeches con todas as clases,porque os de sexto tamen o fixemos e grabaramolo tamen e clara uxia e eu fixemos para a feira escolar o traballo do son que se ve e a pancarta creo que esta en clase de musica se lembro ben.

    ResponderEliminar
  4. Siiiii. Lembras ben Sandra!!!!

    Aínda temos a pancarta da feira na aula.

    ResponderEliminar
  5. Natalia

    Como se chaman os instrumentos de "tirando onda..."

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Son cuicas brasileiras. Parecidas ás zambombas de abaixo pero o pau vai dentro da caixa.

      Eliminar