Aquí tedes a Sara navegando coa frauta nun bote de vela:
E aquí Mauro viaxa a través do teclado do seu piano:
A música sempre nos fai viaxar...
Páxinas
▼
xoves, 30 de abril de 2020
Paisaxes sonoras. Toda unha paleta de sons!!!
Olaaaaa!!!!
Marabilla de riqueza de sons...
Moito estades traballando!!! Lembrade poñer a orella, escoitalas todas e tentar descubrir momento do día, espazo, obxectos...
Aquí van todas as de hoxe. Gardarei os comentarios e publicareinos o próximo MARTES.
Pídovos @s don@s dos rexistros que o martes nos contedes toda a verdade a través dun comentario. Non nos deixedes coa dúbida.
Boa escoita!!!!
CANDELA, de 4º
DIEGO, de 6º
HUGO D., de 4º, que ten dúas!!!
NICO, de 3º
e ANDREA, de 4º, que nos deixou o seu SON MISTERIOSO

mércores, 29 de abril de 2020
Paisaxes sonoras de LUCÍA VARELA E MARTÍN (6º)
Afinade a orella!!! Eu tamén o estou a facer...
Aquí van dúas paisaxes máis.
Lembrade que vou gardar os comentarios para publicalos o próximo luns.
LUCÍA, MARTÍN, desveládenos a vosa paisaxe o luns porfi.
Paisaxe sonora de LUCÍA:
Paisaxe sonora de MARTÍN

BOA ORELLA!!!
Paisaxes sonoras de IRIA (3ºA) e XANDRE (1º)
Seguimos coas nosas paisaxes sonoras destes dias...
A ver se descubrides estas dúas que recolleu Iria:
E que podedes dicir da paisaxe sonora de Xandre?

LEMBRADE QUE EU VOU IR GARDANDO OS COMENTARIOS E O PRÓXIMO LUNS PUBLICAREINOS TODOS, INCLUÍDOS OS DE IRIA E XANDRE CONTÁNDONOS DE QUE SE TRATABA.
martes, 28 de abril de 2020
paisaxe sonora de MAURO
A ver se descubrides onde foi gravado, que aparece aquí.....
Eu de momento non son capaz...
Aquí vai a paisaxe sonora de Mauro.
Eu de momento non son capaz...
Aquí vai a paisaxe sonora de Mauro.
luns, 27 de abril de 2020
Paisaxes sonoras
Olaaaa!!!
Vouvos propoñer un xogo.
Agora que xa podedes saír a dar un paseo, vouvos pedir que gravedes (pode ser coa tablet, coa gravadora de voz do móbil...) unha paisaxe sonora de dentro ou fóra da casa, nun momento concreto do día, nun espazo concreto tamén... O resto imos ter que descubrir de que espazo se trata, que momento do día... e todos os elementos sonoros que alí aparecen.
Hai que afinar moito a orella...
Podedes mandarme o audio a musisabel2@gmail.com e eu subireino aquí. Non me contedes NADA, que eu tamén quero xogar.
E o resto imos dicir o que nos parece a través de comentarios. Agardarei tres días para publicalos todos xuntos.
Aquí van dúas pistas miñas para comezar.

sábado, 25 de abril de 2020
25 de abril 🌹
Gústanos a Revolução dos cravos.
Gústanos porque empezou cunha canción soando na radio para sincronizar a saída á rúa da xente do pobo: GRÂNDOLA, VILA MORENA, de José Afonso.
E gústanos porque en lugar de balas había carabeis.
Hai cinco anos fixemos un biblioconcerto no que cantamos todas as cancións que sabiamos en Portugués e tamén fixemos carabeis vermellos de papel. Xusto @s máis pequen@s deste vídeo son @s maiores deste curso.

venres, 24 de abril de 2020
Cantiga de laboura
Sabemos que a música, entre todas as súas funcións, tamén valeu (e vale aínda en moitas culturas) para axudar en certos traballos.
Tal é o caso desta cantiga que aprendín do grupo etnográfico PALLAMALLADA.
O grupo OS CARUNCHOS tamén ten unha peza ben chula coa copla de Rosalía De Castro. Podédela bailar agharrado.
Por outra banda, a cantautora M. J. PÉREZ fixo unha versión de Malamente de Rosalía, empregando parte do poema de Rosalía (a nosa, a Rosalía de Castro).
Escoitade!!!
E premendo AQUÍ atoparedes o longo e duro poema de Rosalía.
Para reflexionar....

MOITOS BICOSSSS
xoves, 23 de abril de 2020
Feliz día do libro!
E parabéns a todos os Xurxos, Jorges, Jordis....
Falando da terra, das abellas, da nai natureza... atopeime con este libro que seguramente xa lestes, pero se non é así recoméndovolo!
Chámase A HORTA DE SIMÓN, con ilustracións (encántanme) de Rocío Alejandro, que naceu en Bos Aires, coma min.
Seica Simón é un coello que ten unha horta na que sementa cenorias, pero parece que a veciñanza de Simón ten unha idea moito mellor.

mércores, 22 de abril de 2020
Día da terra
Hoxe GOOGLE lémbranos que é o DÍA DA TERRA, a nosa gran nai que nos acolle e que parece agradecer que parásemos un pouco o ritmo para poder observala e coidala.
O buscador faille unha homenaxe ás abellas, ese pequeno animaliño sen o cal non habería posibilidade de vida na terra.
Preséntovos ás flores do meu xardín. Son pouquiñas aínda pero agardo que medren e poñan alegres ás abellas.
Déixovos unha cantiga ben bonita que fala diso, das flores do xardín.
Moitos bicossssss

Percusión miúda galega. Piñas, culleres e cunchas.
A nosa percusión é moi variada, moi diversa e conta, entre outros obxectos, coas piñas (se colledes no monte que non sexan máis de dúas), as culleres que tod@s temos na casa, e as cunchas de vieira, que non son difíciles de conseguir. As piñas e as cunchas son instrumentos cos que nos agasalla a nai natureza, e as culleres de madeira, malia que hai que darlles forma, tamén!
As tres son idiófonos, é dicir: o elemento vibrante é todo o corpo do instrumento.
Imos lembrar un pouco como é a técnica básica para poder acompañar as nosas cancións.

Xa fun a Marín. 4º, 5º e 6º
O outro día Román fíxome lembrar esta peza, unha das primeiras que aprendín coa gaita.
É bonita, é sinxela, sábea todo o mundo....
A CANTAR!!!
O retrouso podédelo cantar tamén coa letra de Román:
Xa fun a Marín,
as pernas che vin,
por un buratiño
que tes no mandil.
E as coplas poden ser calquera, mentres teñan catro versos de 8 sílabas e lle poñades un Ai! diante de cada verso. Mesmo podedes inventalas!!!
Podedes acompañala co xogo de mans de Román, co ritmo das panadeiras, coas piñas, coas culleres...
Así que tedes traballo!!!
4ºA e 4ºB poden aprender o retrouso:
5ºA e 5ºB poden aprender a copla tamén, ademais do retrouso.
E 6ºA e 6ºB pódena aprender enteira na súa 2ª voz, na 2ª oitava. Lembrade destapar medio buratiño do polgar da man esquerda!!!
Déixovos tamén as partituras.

MANDADE VÍDEOS!!!
musisabel2@gmail.com
MOITOS BICOSSSSS
luns, 20 de abril de 2020
Román e Teo musiquean coas mans
Tanto Román como Teo teñen a sorte inmensa de pasar estes días na casa coas súas irmás e así poder compartir xogos, cariño e MÚSICA!!!
Román e Omara cantan o retrouso de Xa fun a Marín facendo un xogo de mans moi chulo, que podedes aprender e practicar na casa!

E Teo e Alba (botámoste de menos este ano no cole 😢) cantan A casa -de Vinicius de Moraes- acompañándoa co ritmo das panaderas.
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIRVOS!!!
GÚSTANOS VERVOS, AÍNDA QUE SEXA NUNHA PANTALLA!!!
❤️
xoves, 16 de abril de 2020
O ritmo das “panaderas”
Olaaaaaa!!!
Hoxe temos traballo. Para toda a familia de Reboreda!
Xa veredes o adictivo que é este acompañamento...
Déixovos tamén esta cantiga que aprendín co meu querido grupo Amalghama, onde compartimos música, alegría e cariño.
É a Pandeirada de Brión e as coplas falan da intelixencia de todo o que nos rodea, por moi pequeno ou insignificante que pareza. E no retrouso fala do amor nun sentido amplo, onde cabe todo iso do que falaba antes...

mércores, 15 de abril de 2020
Seguimos musiqueando na casa
Nuno tocou o Regatiño e tivo a sorte de que seu pai o acompañase co uku!!!!
Grazas por compartir ese momento con nós!!!
Basta xa!!!
Marabillosos Ual-la!!!
Esta vez cunha mensaxe moi interesante...
Espero que vos guste tanto como a min.
E lembrade: non vos quededes no reflexo. Sede ecos do voso SER.
UNHA APERTA!!!

martes, 14 de abril de 2020
Somos ondas do mesmo mar...
O rapeiro PRINCE EA déixanos unha mensaxe de ánimo e esperanza na súa peza F VIRUS.
A ÚNICA VACUNA PARA ESTE F VIRUS E PARA CALQUERA OUTRO
É O AMOR
Para subir a enerxía!!!
Hai moito tempo faláramos no blog de que a música e a danza son coma irmás xemelgas, non podemos dicir cal naceu primeiro.
Cada cultura danza ao seu xeito, coma unha maneira de comunicaciónn cara dentro ou cara fóra, e con funcións ben diferentes.
Premendo AQUÍ atoparedes esa publicación con vídeos ben chulos!
Así é que en África á danza pon toda a súa forza nos pés e na conexión coa terra. É unha danza moi enerxizante.
Probade!!!
Aquí tedes unha clase en vídeo:
E aquí un vídeo dunha danza zulú.

luns, 13 de abril de 2020
A tenrura
Escoitade, bailade, acompañade con pequena percusión....
Gozade desta SYMPHONIE CONFINÉE
Aquí tedes a ligazón a YouTube, onde aparece cos subtítulos. Paga a pena ler a letra!!!
https://youtu.be/rEjvRktXeis

Vai lavar as mans
...por diante e detrás
e queda na casa
pra non contaxiar”
E despois de lavar as mans botade uns puntiños de muiñeira, que esta peza presta!!!

venres, 3 de abril de 2020
Musiqueando regatos
Onte pensaba na letra do Regatiño. Parece unha inocente cantiga pero canta sabedoría garda!!!
Ese regatiño -coma milleiros doutros- sabe perfectamente que aínda que agora é un regato individual o seu destino é a imensidade do mar, onde todos os regatiños e ríos conflúen na mesma grandeza.
Este é o regatiño do meu lugar.

E estes os regatiños de Hugo e Antón. Noraboa!!!!
xoves, 2 de abril de 2020
“Cuaderno de bitácora” proposta
Ola!!!!
Vouvos propoñer a toda a familia do cole de Reboreda, dende @s máis pequen@s ata @s máis maiores, unha experiencia co traballo de Alberto Vilas, o noso pianista da contorna.
Elixide unha peza da súa lista ao chou, poñédevos cómod@s ou tumbad@s, pechade os ollos e deixádevos levar imaxinando unha paisaxe.
Logo, ao rematar a peza, collede papel e boli ou ceras e describide nun texto ou debuxo como é esa paisaxe, polo miúdo, sen esquecer nada do que alí aparece.
Se vos presta podedes compartir!!!!
mandádemo a musisabel2@gmail.com
Boa viaxe!!!

mércores, 1 de abril de 2020
Paxaros cantando ópera
Mirade que músicos temos na natureza!
Neste caso é o dúo “Papageno e Papagena” da ópera A FRAUTA MÁXICA de Mozart.
Que o gocedes tanto coma min!!!

2ºB explora sons
En 2ºB tamén traballamos cos sons de obxectos de deporte.
Ademáis, esperar a estar en 4º para interpretar un baño sonoro é moito esperar. Así que unha mañá, na súa hora de música, @s nen@s de 2ºB regaláronlle @s compañeir@s de 2ºA un baño sonoro “privado”. Foi sobre chuvia, vento, tronos, pinguiñas.... 2ºA recolleu o agasallo e prometeu devolverlle o presente.... Cando volvamos ás aulas.

5 ritmos. A bailar!!!
A miña profe de 5 ritmos, HELENA BARQUILLA, tivo a xenerosidade de compartir estas tres “OLAS” porque como ela di, a música e a danza -e todas as expresións que veñen do corazón- son moi necesarias e beneficiosas nestes momentos.
“Iníciase o movemento suavemente ata chegar a un pico de intensidade para logo descender novamente. Esta progresión axúdanos a conectar nun inicio coa fluidez do noso corpo, logo nos leva a enerxetización. Conforme vai subindo, o ritmo convídanos a soltar o corpo e o control da mente. Despois de soltar hai outra fase que nos conduce a un estado de expansión ata desembocar na quietude, que é como cando a ola se funde no mar”
Como nos talleres do 1º trimestre, lembrades?
Así que podedes xuntarvos toda a familia, quitar os zapatos, apartar un pouco os mobles e darlle ao play.