Páxinas

mércores, 13 de maio de 2020

A voz tamén é un instrumento

Aínda que nos custa tela en conta cando pensamos en instrumentos, o certo é que a voz é o primeiro instrumento musical. Poñémola a funcionar no propio momento de nacer e acompáñanos durante toda a vida, a menos que teñamos algún problema físico ou psicolóxico e non dispoñamos dela.

Este era o instrumento FUNDAMENTAL que faltaba por mencionar en Illas de sal.

Mirade como funciona:

 

Aquí tedes a BOBBY McFERRIN, un virtuoso deste instrumento. El válese tamén do seu corpo como instrumento de percusión. Lembrade que a famosa

Don't Worry Be Happy,

que aparece na nosa primeira entrada do blog, non ten ningún outro instrumento ademáis da súa voz e o seu corpo.



Tamén vos deixo un vídeo do grupo cubano VOCAL SAMPLING
Como anécdota, podo contarvos que a primeira vez que os vin en Vigo cheguei moi cedo, aínda estaban na proba de son, e eu escoitaba soar un prato de batería, pero alí non había ningunha batería...

Probade a escoitar pechando os ollos....



E aquí tedes o TRÍO ESPERANÇA, de Brasil.

9 comentarios:

  1. Que chulos!!!

    debe de ser moy complicado poñer esas voces e non confundirse coas dos demais.

    Moitos bicos a todos.����❤


    Candela 4ºA.

    ResponderEliminar
  2. Ola, profe son Teo. parece que teñen os instrumentos...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Teo!!!
      Siiiii. Se só os escoitas pensan que os teñen todos!!!!

      Bicossss

      Eliminar
  3. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  4. a min gustame tamén o beatbox, que son sonidos que se fan coa voz e a boca, paréceme moi difícil. Chao.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siiii. A min gústame tamén!!! E difícil, como todo, pero coa práctica conséguese. Eu coñezo xente moi cercana que o conseguiu.

      Bicos Alba!

      Eliminar
  5. Respostas
    1. E a min!!!!

      Parece mentira, un instrumento co que nacemos todas as persoas....

      Hai virtuos@s que chegan a uns niveis de dominio....

      Eliminar