martes, 12 de maio de 2020

Escoitando Illas de sal

Olaaaaa! O venres propúxenvos dicir que instrumentos escoitabades en Illas de sal, de Xabier Díaz & Adufeiras do salitre.

Escoitastes moi ben!!! E descubristes acordeón, violíns e pandeiretas. Non hai frauta, nin saxo, nin cunchas, nin castañolas, nin culleres...

Pode que haxa un bombo camuflado, iso si.

Aínda así, falta que mencionedes un dos instrumentos FUNDAMENTAIS da peza. Neste caso aparece en dúas variantes.

Escoitade ben!!! Tedes ata maña para decatarvos, porque escoitalo o escoitastes seguro!

Maña desvélovos a resposta.

Por certo, o vídeo, que é chulísimo igual que a cantiga, está gravado en Carnota, co monte Pindo bailando coa nena.


4 comentarios:

  1. son Sandra e creo que pode haber unha gaita,non estou moi segura pero creo que si

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Sandra!!!
      Pois non hai gaita...

      O que falta por dicir escóitase case dende o principio e en primeirísimo plano.

      Eliminar
  2. Ola! Son Mauro. Tamén hai voces, femininas e masculinas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Mauro!!!!!

      Claro que si!

      Ás veces esquecemos que a voz tamén é un instrumento. Hai unha soa voz masculina (a de Xabier Díaz) e moitas femininas (as das Adufeiras do salitre)

      Eliminar