luns, 20 de febreiro de 2023

O meu vídeo favorito de frautas

E aquí vos deixo un vídeo deste cuarteto de mulleres QUARTET NEW GENERATION, que xogan coas frautas coa mesma facilidade coa que falan.

NON VOLO PERDADES!!!


A frauta de bico ou frauta doce

 A frauta, ese aerófono de bisel con canal de insuflación que nos está a ocupar os cinco minutiños diarios de entrenamento, é moito máis que as nosas frautiñas brancas de plástico. 

Ten unha historia moi interesante que xa vos contarei, pero polo de agora déixovos uns vídeos para que vexades a diversidade de instrumentos, tamaños e músicas que fan.

E si, son TODAS FRAUTAS!


Clasificación dos instrumentos musicais

Déixovos aquí un pequeno vídeo sobre a clasificación dos instrumentos musicais (para nós todo aquilo capaz de producir son). 

En cada "familia" dentro do vídeo podedes picar no seu nome para ampliar a información. Non deixedes de facelo.  

Preme na imaxe