Gustaríame saber de vós...
Podedes contarme como o ides levando a través dos comentarios.
Tedes a sorte de vivir nun sitio arrodeado de natureza e se vos agobiades, só con poñervos preto dunha ventá aberta, pechar os ollos e respirar lento e profundo estaredes máis tranquil@s e relaxad@s.
Podedes facelo apoiando a man esquerda sobre o abdome onde está o embigo e a dereita sobre o peito.
Aínda así, vouvos deixar unhas pistas con paisaxes sonoras e exercicios para relaxarvos.
Unha aperta!!!!
Amosando publicacións coa etiqueta auga b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta auga b>. Amosar todas as publicacións
venres, 20 de marzo de 2020
martes, 18 de decembro de 2018
Propagación no medio líquido
Xa miramos no cadro que o son viaxa máis rápido no medio líquido que no gasoso. Tamén que a auga salgada permite máis velocidade que a doce.
Grazas a iso os grandes cetáceos comunícanse a mar de ben (aínda que os separen centos de kilómetros) e empregan a ecolocalización para sortear obstáculos.
Nós, na aula de música, propuxemos algúns experimentos para facer na casa:
Tamén experimentamos con dous globos e, aínda que esperabamos moita diferenza entre o globo enchido de auga e o que tiña aire, a maioría de nós ou non notou diferenza ou simplemente percibiu máis grave o son percutido no globo con auga.

- aproveitar o momento do baño para mergullar as orellas debaixo da auga da bañeira e comparar como escoitamos bater un par de culleres dentro e fóra da auga.
- o mesmo pero na piscina, pedirlle a alguén que nos falase dende fóra, batese na auga ou deixase caer unha pelota.
Tamén experimentamos con dous globos e, aínda que esperabamos moita diferenza entre o globo enchido de auga e o que tiña aire, a maioría de nós ou non notou diferenza ou simplemente percibiu máis grave o son percutido no globo con auga.
xoves, 1 de maio de 2014
MAIOS
levantate maio que tanto durmiches
que pasou o burro e nin siquera o sentiches
MAIO, MAIO, VÍSTETE DE CREGO, CASTAÑÍN PARA MIN
Hai tres anos, na nosa contorna, unha RA algo especial namorouse dun maio...
E aquí tedes o ensaio coreográfico, con luz natural e sen roupa negra.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)