Este ano intentaremos facer un rexistro da Paisaxe Sonora do noso CONTORNO, xa que non sempre somos conscientes de que o SON tamén forma parte del.
Esta é a primeira toma que fixemos, inda que non nos gusta que forme parte do noso pequeno mundo.
Trátase dun hidroavión traballando nun incendio perto de Reboreda. A foto foi tirada por Paula e o son recollido por Carmen, as dúas de 5ºA.
A partir de agora, Reboreda xa aparece no mapa das Paisaxes Sonoras da plataforma ESCOITAR.ORG, onde hai milleiros de paisaxes de todo tipo.
¡¡¡ATÓPANOS !!!
