Amosando publicacións coa etiqueta percusión corporal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta percusión corporal. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de abril de 2020

Román e Teo musiquean coas mans

Tanto Román como Teo teñen a sorte inmensa de pasar estes días na casa coas súas irmás e así poder compartir xogos, cariño e MÚSICA!!!

Román e Omara cantan o retrouso de Xa fun a Marín facendo un xogo de mans moi chulo, que podedes aprender e practicar na casa!


E Teo e Alba (botámoste de menos este ano no cole 😢) cantan A casa -de Vinicius de Moraes- acompañándoa co ritmo das panaderas. MOITAS GRAZAS POR COMPARTIRVOS!!! GÚSTANOS VERVOS, AÍNDA QUE SEXA NUNHA PANTALLA!!!
 ❤️

venres, 27 de marzo de 2020

Atención 6º, 5º... e quen queira!!!

Ola!!!
Está sendo ben raro ensinar cancións a unha cámara!!!

Porfa mandádeme vídeos, audios... o que queirades a:
musisabel2@gmail.com

Imos con este CALIPSO!!!

É un canon a tres voces con percusión corporal.


  1. Se é que estás buscando un Calipso, isto tes que facer:
  2. Colle un ritmo e méteo no corpo, móvete que móvete que móvete que móvete
  3. Canta unha canción, toca o teu tambor fai o Calipso nacer
Aquí vai a percusión corporal


Aquí tedes a canción:

E aquí déixovos vídeo de como o fixemos co coro Cantares do Brión nun encontro ben bonito, de cando aínda podíamos xuntarnos a cantar, a facer música...

luns, 24 de febreiro de 2020

5ºA rapea

No día de Rosalía, 5ºA comparte estes anacos de poemas galegos rapeados que gravamos antes de nadal.