Cara o fin do curso pasado, @s nen@s de 4ºA e 4ºB decidiron representar o conto de Eric Carl "Unha eiruga moi larpeira" empregando a técnica da luz negra. Así quedou a obra na representación do festival.
A BANDA SONORA
Na aula de música, traballamos duro para crear a banda sonora sobre a que escenificar a obra.
O primeiro foi recrear os sons da noite e do día
Logo exploramos entre os obxectos e instrumentos da aula para atopar máis de dezaséis rilladas diferentes
E por último creamos unha melodía que fose mudando como a propia eiruga, primeiro fraca, logo gordecha e ao final.....
BOLBORETA!!!
foi un pracer compartir o traballo c@s nen@s; coas profes Luisa, Lydia e Alicia; e con Luisa Gago, daquela coidadora.
Moitas grazas!!!