Amosando publicacións coa etiqueta voces animais.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta voces animais.. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de outubro de 2017

Cans cantantes

Hai moitos anos tiven a miña primeira experiencia de facer música con Paula, a cadela do meu amigo o "Negro". Deixárama uns días e cada vez que eu collía a gaita ela viña coma un lóstrego a ouvear ao meu carón.
Fai un par de anos volvín experimentar o mesmo tocando pola mañá en Sober, Lugo. Achegouse tamén unha das dúas cadelas do veciño a cantar coa gaita.
Hai opinións diversas en canto o ouveo dos cans como resposta a música. Eu penso que non lles disgusta, veñen voluntariamente, dende lonxe ás veces, a acompañar o que está soando coa súa expresiva voz.
Aquí tedes dous exemplos: