Amosando publicacións coa etiqueta Trío Esperança. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Trío Esperança. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de maio de 2020

A voz tamén é un instrumento

Aínda que nos custa tela en conta cando pensamos en instrumentos, o certo é que a voz é o primeiro instrumento musical. Poñémola a funcionar no propio momento de nacer e acompáñanos durante toda a vida, a menos que teñamos algún problema físico ou psicolóxico e non dispoñamos dela.

Este era o instrumento FUNDAMENTAL que faltaba por mencionar en Illas de sal.

Mirade como funciona:

 

Aquí tedes a BOBBY McFERRIN, un virtuoso deste instrumento. El válese tamén do seu corpo como instrumento de percusión. Lembrade que a famosa

Don't Worry Be Happy,

que aparece na nosa primeira entrada do blog, non ten ningún outro instrumento ademáis da súa voz e o seu corpo.



Tamén vos deixo un vídeo do grupo cubano VOCAL SAMPLING. 
Como anécdota, podo contarvos que a primeira vez que os vin en Vigo cheguei moi cedo, aínda estaban na proba de son, e eu escoitaba soar un prato de batería, pero alí non había ningunha batería...

Probade a escoitar pechando os ollos....



E aquí tedes o TRÍO ESPERANÇA, de Brasil.