Este era o instrumento FUNDAMENTAL que faltaba por mencionar en Illas de sal.
Mirade como funciona:
Aquí tedes a BOBBY McFERRIN, un virtuoso deste instrumento. El válese tamén do seu corpo como instrumento de percusión. Lembrade que a famosa
Don't Worry Be Happy,
que aparece na nosa primeira entrada do blog, non ten ningún outro instrumento ademáis da súa voz e o seu corpo.Tamén vos deixo un vídeo do grupo cubano VOCAL SAMPLING.
Como anécdota, podo contarvos que a primeira vez que os vin en Vigo cheguei moi cedo, aínda estaban na proba de son, e eu escoitaba soar un prato de batería, pero alí non había ningunha batería...
Probade a escoitar pechando os ollos....
E aquí tedes o TRÍO ESPERANÇA, de Brasil.
Que chulos!!!
ResponderEliminardebe de ser moy complicado poñer esas voces e non confundirse coas dos demais.
Moitos bicos a todos.����❤
Candela 4ºA.
Xaaaaaaa. Viches? Dificilísimo!
EliminarE que ben o fan!!!
Ola, profe son Teo. parece que teñen os instrumentos...
ResponderEliminarOla Teo!!!
EliminarSiiiii. Se só os escoitas pensan que os teñen todos!!!!
Bicossss
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminara min gustame tamén o beatbox, que son sonidos que se fan coa voz e a boca, paréceme moi difícil. Chao.
ResponderEliminarSiiii. A min gústame tamén!!! E difícil, como todo, pero coa práctica conséguese. Eu coñezo xente moi cercana que o conseguiu.
EliminarBicos Alba!
Encantalles moito as voces
ResponderEliminarE a min!!!!
EliminarParece mentira, un instrumento co que nacemos todas as persoas....
Hai virtuos@s que chegan a uns niveis de dominio....