Gústanos pensar que todo obxecto é potencialmente un instrumento, ou varios nun mesmo corpo ás veces. Depende do que fagamos con el e como o fagamos soar.
Por iso é que nos gusta tamén a clasificación que pon a atención sobre cal é o material vibrante de cada obxecto, o que produce o son en definitiva. Nesta clasificación caben todos, os instrumentos propiamente ditos e tamén calquera obxecto que sexa quen de producir son.
AERÓFONOS
Os aerófonos (aero: aire; fonos: que soa), son todos aqueles instrumentos e obxectos nos que o son é produto do aire vibrando.
Neste grupo están os de bisel: todas as frautas (tamén as de pan e o chifro), as botellas se as sopramos, case todos os reclamos de paxaros que temos na aula, as tapas de bolis, a propia ventá se a deixamos un pouquiño aberta e hai vento fóra.....
O que ocorre neles é que o aire se rompe nese bisel, nese borde afiado, e ao romperse produce son.
Aquí tedes os da península
Aquí unha "tarkeada", un conxunto de tarkas, instrumento andino.
Tamén están os aerófonos de lingüeta: o clarinete, saxofón, óboe, acordeón, harmónica, a gaita, as bucinas, moitos xoguetes dos que se apretan, as pallas de centeo....
Hainos de lingüeta simple ou dobre, e o funcionamento consiste en facer vibrar esas lingüetas co aire (ás veces soprando, outras apretando un fol -como na gaita, nos xoguetes e no acordeón), e á súa vez, a vibración das lingüetas é a que fai vibrar o aire contido nunha columna ou tubo.
Por último, están os aerófonos de boquilla.
Trompeta, trombón, tuba, trompa, cornos de boi, buguinas de cuncha, didgeridoo, calquera tubo no que os nosos beizos vibran.
Ese é o funcionamento nos de boquilla, os nosos beizos facendo "pedorretas" son os que fan vibrar a columna de aire.
Se premedes AQUÍ, tedes todos os aerófonos da nosa terra. Tamén no cadro que aparece na columna da dereita na versión web deste blog, chamado INSTRUMENTOS GALEGOS.
Encantaronme todos os videos
ResponderEliminarEspero daros un forte abrazo a todos
Un bico Candela 4ºA.
Eu tamén Candela!!!!
EliminarTeño moita gana de apertas!!!
Cando nos vexamos facemos unha aperta grupal.
Moitos bicosssss
Marcos dice que suena como una avioneta
ResponderEliminarhahahaha
EliminarCal, o didgeridoo?
É moi difícil de tocar, non pode parar o aire, teñen que aprender a facer respiración circular.
Si, o didgeridoo, gustoulle
EliminarA marcos e a david gustalle o da palliña,faciao sua mama cando era pequena,e miramolo facer
ResponderEliminarSiiiii. Eu nunca o vin porque vivín sempre na cidade, pero agora teño veciñas que o fan. Así que á volta ás aulas podemos montar unha banda de palliñas, ou podes vir a dar un taller de construción de palliñas...
EliminarQuedas convidado oficialmente.
😂😂EU solo toca a palliňa sen poňer os dedos como unha gaita, pero soar soa
EliminarBueno...con iso xa vale!
EliminarPodemos facelas con e sen buratos!