xoves, 14 de maio de 2020

Os instrumentos. Idiófonos

Os IDIÓFONOS (idio: propio, persoal, particular; fono: que soa) son todos aqueles instrumentos nos que o que vibra é o seu propio corpo.

É un grupo moi extenso, e temos moitos destes na aula e no cotián. Piñas, cunchas, culleres, pratos, crótalos, ferriños e ferriñas das pandeiretas, cabazas, maracas, paus, caixas chinesas, cuenco tibetano, tingshas, gong.... e un longo etc.

Podemos agrupalos polo material (metal, madeira, pedra, plástico, vidro, etc.) e tamén polo modo de acción sobre el (rascar, rozar, percutir, entrechocar, sacudir...)

Aproveitando que falamos deles, vouvos compartir unha cantiga preciosa acompañada deste instrumento que se parece moito aos nosos mecanismos de caixiña de música da aula. É Germán Díaz, outro virtuoso, musicando un texto de Paula Carballeira.



Tamén este LITÓFONO prehistórico,  instrumento de placa da prehistoria. (lito quere dicir pedra, e fono xa sabemos)

9 comentarios:

  1. Son Ivan 3ºA profe, a miña nai gustoulle moito a canción dos enanitos. E eu pensó que as pedras que toca o señor son maxicas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siiiii. A canción é un agasallo ben fermoso.

      E as pedras parecen máxicas!!! Teremos que construir un litófono cando volvamos ás aulas. Ademáis podemos deixalo fóra que se se molla non pasa nada.

      Moitos bicos Iván. Xa pensaches o da cafeteira?

      Eliminar
  2. Sí. Será por que se enche?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, e ao encherse que pasa co espazo de aire na cafeteira que antes estaba baleira?

      Eliminar
  3. A marcos ecantalle o das pedras chamalle atencion

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olaaaa!!!
      Mándalle moitos bicos a Marcos, tamén para vós!!!

      Si, o das pedras é incrible, parece máxico. Un dos primeiros instrumentos construídos polo ser humano. Simples pedras....

      Eliminar
  4. Ola, son Mauro de 3ºB.
    A min gustoume moito Germán Díaz musicando un texto de Paula Carballeira con unha caixa de música

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Maruo, Germán Díaz é un músico moi interesante que utiliza instrumentos sorprendentes!!! Recoméndoche que busques cousas del ou se podes o vexas nun concerto (cando volvamos á normalidade). Eu fun escoitalo unha vez e encantoume!!!
      Por certo, ao final o teu son era unha cafeteira?

      Eliminar
  5. Estamos flipando con 4ºA

    ResponderEliminar