A estas alturas xa saberedes que os membranófonos son instrumentos ou obxectos nos que o son se produce pola vibración dunha membrana.
Temos na aula de música unha chea deles: pandeiretas, pandeiros, timbais, tambor, bombo....mesmo temos timbaliños feitos por nós.
LEMBRADES?
E tamén utilizamos ás veces o
TUBO DE TRONOS, o
TAMBOR CHAMÁNICO, a
CAJA CHAYERA e fixemos timbais de globo:
"GLOBÓFONOS".
Este ano decatámonos de que todos os
BALÓNS que levan aire dentro e non son ríxidos, funcionan como membranófonos se os golpeamos ou percutimos...
Hainos de marco, como a pandeireta e o pandeiro; con caixa de resonancia, como os timbais, o tambor e o bombo; cunha membrana (timbais) ou dúas (todos os tambores -menos o chamánico que é en realidade un pandeiro a pesar do seu nome).
E pódense percutir, rascar, soprar, sacudir no caso do tubo de tronos.....
No caso da
CUICA (Brasil) e da
ZAMBOMBA (península Ibérica) frétase un pau atado á membrana. A vibración do pau transmítese á membrana, e a altura do son modifícase estirando ou soltando a membrana coa man que queda libre. A única diferenza é que na CUICA o pau vai dentro da caixa e non se ve, e na ZAMBOMBA vai fóra.
Mesmo este experimento que fixeramos o ano pasado na aula de música utiliza un membranónofo que vibra por simpatía. Lembrades?