Este era o instrumento FUNDAMENTAL que faltaba por mencionar en Illas de sal.
Mirade como funciona:
Aquí tedes a BOBBY McFERRIN, un virtuoso deste instrumento. El válese tamén do seu corpo como instrumento de percusión. Lembrade que a famosa
Don't Worry Be Happy,
que aparece na nosa primeira entrada do blog, non ten ningún outro instrumento ademáis da súa voz e o seu corpo.Tamén vos deixo un vídeo do grupo cubano VOCAL SAMPLING.
Como anécdota, podo contarvos que a primeira vez que os vin en Vigo cheguei moi cedo, aínda estaban na proba de son, e eu escoitaba soar un prato de batería, pero alí non había ningunha batería...
Probade a escoitar pechando os ollos....
E aquí tedes o TRÍO ESPERANÇA, de Brasil.