Amosando publicacións coa etiqueta danzas de cortexo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta danzas de cortexo. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de outubro de 2017

Musicalidade e ritmo nas aves

Algúns investigadores, coa intención de demostrar que a musicalidade é unha capacidade humana innata e non resultado da cultura, puxéronse a estudar as aves.
Atoparon habilidades moi parecidas ás humanas. Capacidade de recoñecer melodías, de moverse a ritmo, de imitar patróns....
Aquí tedes tres vídeos que o ilustran.
No primeiro veredes unha cacatúa movéndose ao ritmo da música.
No segundo e terceiro aparecen diferentes aves coas súas danzas de cortexo. O compilador editou estes vídeos engadindo música para demostrar que os movementos que fan son moi moi moi rítmicos!!!.