domingo, 21 de xuño de 2020

Bo verán!!!

Hoxe empeza o verán, tamén é a festa da música....

Despois destes meses atípicos comezan as vacacións, e eu vouvos propoñer que aproveitedes un momentiño de cada día para:

BAILAR!!!


Xa sabemos todos os beneficios que aporta a danza ao noso corpo, mente e emoción:

  • mellora a autoestima
  • fomenta a creatividade
  • fortalece o corazón
  • pon a funcionar o "cuarteto da felicidade" (endorfina, dopamina, serotonina e oxitocina)
  • deixa fluír as emocións dándolle unha saída corporal
  • aumenta a enerxía
  • favorece a expresión con liberdade
Face unha lista coas vosas cancións favoritas e...

Bailade sen pensar, deixade que mande o corpo, pechade os ollos se podedes...

BAILADE COMA SE NINGUÉN VOS ESTIVESE MIRANDO!!!

GOZADE!!! 

VÉMONOS EN SETEMBRO. BO VERÁN!!!

venres, 19 de xuño de 2020

Mauro e Beatriz musiquean na casa

Mauro faino tocando o seu violín, que como xa sabemos é un cordófono que neste caso é fretado.
Bravo Mauro!!!


E Beatriz foi a Marín a comer laranxas acompañada da súa frauta.
Brava Beatriz!!!

Beatriz, Sara e Hugo danzan como os flamengos

Que bonito é danzar!

E que ben o fan Beatriz, Sara e Hugo!

Mirade se non é certo:



mércores, 17 de xuño de 2020

Cantamos coas mans

Xa temos as primeiras cancións!!!!

A ver se descubrides cales son, porque eu  aínda teño que seguir escoitando un pouco máis.

Sara cantounos esta:



Izan esta outra


E Yago O. tamén mandou esta...




PECHADE OS OLLOS E DEIXADE QUE VEÑA...

luns, 15 de xuño de 2020

Cantando coas mans

Vouvos propoñer elixir unha canción que teñamos cantado tod@s no cole, pero en lugar de cantala coma sempre, imos intentar cantala coas mans facendo palmas ou batendo dedos dunha man contra a palma da outra.
Gravádevos (pode ser audio ou vídeo) e mo enviades a musisabel2@gmail.com ou por whatsapp ao 607409217.
Trátase de que o resto recoñeza cal é a canción que estamos "cantando" coas mans, é dicir: trátase de recoñecer unha canción completa (ritmo, melodía, letra...) só escoitando o seu ritmo.

Empezo eu!!! Esta é moi sinxela!!! Que estou a interpretar?


Carla e Mar musiquean na cociña

E non o fan soas, acompáñaas o papá mentres a mamá fai de camarógrafa!!!

Mirade!!!


mércores, 10 de xuño de 2020

Poñéndonos ao día para despedirnos

Ola!!!!

O remate deste curso peculiar estáse achegando.

Se alguén de vós quere enviarme algo de calquera das propostas aínda estades a tempo. Tedes ata o 18 de xuño para facelo.

Podedes enviarmo por correo a: musisabel2@gmail.com 

Se picades no voso curso atoparedes todas as propostas específicas para vós.













Ánimo!!! Xa non queda nada!!!

Unha proposta máis

No debuxo da PAISAXE DE PRIMAVERA hai polo menos 13 sons diferentes.
Propóñovos que elixades un dos sons e o imitedes vocal ou corporalmente (non podedes empregar obxectos), o gravedes e mo enviedes a musisabel2@gmail.com ou por whatsapp ao 607409217.

Cando elixades son facede un comentario e revisade os anteriores. Ata que non se completen os 13 non poderedes repetir sons. Fixádevos se o que elixistes non está collido xa.

Un, dous, tres.....GRAVANDO!!!

martes, 9 de xuño de 2020

O Hang Drum

A propósito dunha inquedanza de Teo e Alán sobre este instrumento que aparece no vídeo de Donosti desta ENTRADA,  aproveito para contarvos un pouco del.

O Hang drum é un idiófono de metal no que un mesmo corpo produce sons de diferente altura en diferentes sitios, dependendo do grosor do metal conseguido nel a través de marteladas na construción. Foi creado no ano 1999 por Félix Rohner e Sabina Schärer en Berna, Suiza. E soa así:





Xa a mediados do século XX, en Trinidad e Tobago, illas do Caribe, tiñan orquestras de tambores metálicos utilizando vellos barrís desbotados polo exército dos Estados Unidos na 2ª guerral mundial.

luns, 8 de xuño de 2020

Paisaxe primaveral

Se observamos este debuxo (que non soa) polo miúdo, case podemos intuír a súa banda sonora. Ampliade a imaxe picando nela e elixide polo menos 3 sons que vexades, como se fose unha partitura.
Mencionádeo nun comentario.


venres, 5 de xuño de 2020

xoves, 4 de xuño de 2020

Zaira e Hugo musiquean na casiña

Zaira musiquea facendo un depo-ritmo acompañada dos seus pais, que aínda que non se ven, escóitaselles. Afinade a orella...




E Hugo seica cruzou a ría para ir comer laranxas á casa dun colega...ou algo así.


mércores, 3 de xuño de 2020

Dúas novas paisaxes

Lucía de 5º e María de 1º compartiron con nós as súas pistas...






QUE ESCOITADES?

E seguimos musiqueando na casa

Mauro, de 6º, uniu o da paisaxe sonora co deporte e quedoulle unha "paisaxe deportiva". Mirade!!!



Gorka, de 4º, fixo coa familia un coci-ritmo!!!


MOI BEN!!!!

luns, 1 de xuño de 2020

David e Marcos tamén musiquean

David (d'As formigas do profe Esteban) e Marcos de 2ºB estiveron musiqueando xuntos na casa.

Primeiro David tivo unha idea boísima para paisaxe sonora e logo apareceu Marcos e sumouse ao son. Que escoitades aquí?





E logo estiveron practicando coas piña. Artistas!