Amosando publicacións coa etiqueta calidades do son. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta calidades do son. Amosar todas as publicacións

domingo, 20 de xaneiro de 2019

Altura do son II

En 2ºB tamén estivemos explorando a relación entre o tamaño de dous obxectos do mesmo material e a altura do son que producen. Pescudamos nas nosas casas....


E logo creamos pequenas partituras de dous sons para tocar por grupos de materiais semellantes.

martes, 15 de xaneiro de 2019

ALTURA DO SON

Estivemos reflexionando sobre que cousas inflúen na altura dun son, que é o que fai que soe máis agudo ou máis grave...
En 1ºA e 1ºB chegamos á conclusión, logo de explorar diversos materiais, que o tamaño da materia que vibra ten algo que ver nesta calidade do son.
Mirade:

domingo, 13 de xaneiro de 2019

Calidades do son

Utilizamos catro CALIDADES SUBXECTIVAS para describir un SON, tres delas sempre en relación e comparación con outro (por moi agudo, grave, forte, débil, curto ou longo que sexa un son haberá outro que o sexa aínda máis ). E cada un destes atributos depende de un ou máis parámetros físicos que poden ser medidos.

INTENSIDADE: máis forte ou máis débil, responde a unha maior ou menor amplitude de onda. 


ALTURA OU TONO: máis agudo ou máis grave, responde a maior ou menor frecuencia de onda.


DURACIÓN: sons longos ou curtos, teñen que ver coa maior ou menor permanencia desa vibración no tempo, coa lonxitude de onda.


TIMBRE: isto que fai que recoñezamos a voz de cada persoa, instrumento, son coñecido... está determinado polos ARMÓNICOS. É como o carné de identidade de cada son.