mércores, 20 de maio de 2020

Os instrumentos. Cordófonos III

Dos cordófonos que adoitan ser percutidos, o PIANO é o máis coñecido. Cada vez que tocamos unha tecla actívase un mecanismo cun martelo que percute a corda. Aquí vese ben:




O clavicordio, o címbalo húngaro, o santur, o dulcémele ou o salterio tamén se percuten.



No baixo eléctrico utilízase unha técnica chamada SLAP na que se percute a corda co dedo polgar.




E o berimbau do Brasil, un dos meus preferidos, é descendente do arco musical, probablemente o cordófono máis antigo da historia.

3 comentarios:

  1. OS INSTRUMENTOS CORDOFONOS SON MOI INTERESANTES E ALGUNS ATA MOI PECULIARES,O MECANISMO DO PIANO E MOI CHULO.BIQUIÑOSSS

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siiii. Chulo e misterioso... como está agochado dentro dunha caixa e non o vemos, é difícil de imaxinar.

      Eliminar