Moito escoitaremos estes días falar da PAZ.
Pero a paz é algo que ten que empezar no interior de cada un de nós, construíndoa os 365 días do ano.
xoves, 30 de xaneiro de 2014
domingo, 26 de xaneiro de 2014
Músicos e Veciños
Este xaneiro, a música que nos acompaña nas entradas e saídas, é de MARÍA FUMAÇA, un proxecto musical no que participan moitos músicos.
Algúns deles son veciños, como Andrés e Tatán, do grupo TANXARINA.
Outra colaboradora é Irea, a nosa compañeira de 5ºB.

¡¡¡ALEGRÍA!!!
Alegría,uhhh!
Alegría,
yes!
Cantemos
como é bo
Ser
alegre todo o día.
O
día amanece;
E
con el o noso sol,
Brillante
e colorido;
Nun
sorriso alto, astral.
As
veces é a chuvia que nos ven despertar;
Mais
sempre todo o día, a alegría vai estar.
Alegría....
Hai
días que desperto
e
síntome feliz.
Eu
salto entón da cama,
eu
quero ser máis feliz.
O
día vai pasando,
e
a alegría vou xuntando
a
noite ven cegando,
a
alegría esta sobrando.
Alegría..
mércores, 15 de xaneiro de 2014
Máis aguinaldos
1º A tamén pediu o aguinaldo coa cantiga "Mariñeiro". Mirade todo o que recolleron…
E así cantaron os dous primeiros xuntos o día do festival.
E se queredes lembrar as cantigas coas que pedimos o aguinaldo o ano pasado premede aquí:
E así cantaron os dous primeiros xuntos o día do festival.
mércores, 8 de xaneiro de 2014
Rondalla "entre bastidores"
A pesar de que a palabra RONDALLA define formacións de instrumentos de corda, no sur da provincia de Pontevedra chámanse así as agrupacións de veciños que con instrumentos de vento e percusión percorren as parroquias nestas datas pedindo o aguinaldo.
Nós tivemos que construír algúns destes instrumentos, como os CRISTOS, as CASTAÑOLAS ou as CANAS.
Outros xa nolos regala feitos a natureza:
as PIÑAS, as CUNCHAS, as CABAZAS...
O resto debémolo á fabricación artesanal e industrial.
O vestiario, ás costureiras de 3ºA e 5ºA
Se queredes ver outro vídeo da saída atoparédelo no blog de 5ºA: IMAXINAESCOLA

domingo, 5 de xaneiro de 2014
Rondalla
Este ano os 3ºs e 5ºs cursos decidimos pedir o aguinaldo dun xeito diferente:
Cada un aportou o mellor que tiña para ofrecer.
As titoras formaron parte da rondalla como músicas, coordinaron horarios, cederon horas e recreos para ensaios...
Algunhas familias achegaron materiais para a construción de instrumentos...
Foi convocado un grupo de nais de 3º A e 5º A para montar un obradoiro de costura polas tardes onde se coseron máis de 65 capas!!! Ata reutilizamos a tea (anteriormente empregada como Río Alvedosa no entroido do 2011).
Raquel, que é de 6º veu con nós tocando a gaita. Iván, tamén de 6º acompañounos coa bandeira do cole e un pandeiro para recoller o que nos deran de aguinaldo.
Os 4ºs cursos axudaron na construción dos cristos.
REDONDELA ofreceunos a Don Casto Sampedro e Folgar hai xa moito tempo, e da súa man chegou ata nós o agasallo de Vilar de Infesta feito melodía: a Marcha Procesional de Vilar de Infesta.
E cada un d@s pequen@s músic@s demostrou que sabe xestionar de maneira autónoma e responsable o tempo, os espazos e o traballo colaborativo, case sempre en horas de recreo.
Souberon diferenciar dende o principio os momentos de distensión e os de máxima concentración, atención e silencio.
O resultado foi o inmenso pracer de compartir a MÚSICA, de experimentar a forza do colectivo dende cada gran de area individual.
Luisa, Lydia, Cris, Alejandra, Uxía, fadas costureiras de 3ºA, familias e colaborador@s divers@s,
TRABALLANDO TODOS XUNTOS, EN EQUIPO...
E montamos unha RONDALLA para saír a pedir o aguinaldo fóra do cole, polo barrio.Cada un aportou o mellor que tiña para ofrecer.
As titoras formaron parte da rondalla como músicas, coordinaron horarios, cederon horas e recreos para ensaios...
Algunhas familias achegaron materiais para a construción de instrumentos...
Foi convocado un grupo de nais de 3º A e 5º A para montar un obradoiro de costura polas tardes onde se coseron máis de 65 capas!!! Ata reutilizamos a tea (anteriormente empregada como Río Alvedosa no entroido do 2011).
Raquel, que é de 6º veu con nós tocando a gaita. Iván, tamén de 6º acompañounos coa bandeira do cole e un pandeiro para recoller o que nos deran de aguinaldo.
Os 4ºs cursos axudaron na construción dos cristos.
REDONDELA ofreceunos a Don Casto Sampedro e Folgar hai xa moito tempo, e da súa man chegou ata nós o agasallo de Vilar de Infesta feito melodía: a Marcha Procesional de Vilar de Infesta.
E cada un d@s pequen@s músic@s demostrou que sabe xestionar de maneira autónoma e responsable o tempo, os espazos e o traballo colaborativo, case sempre en horas de recreo.
Souberon diferenciar dende o principio os momentos de distensión e os de máxima concentración, atención e silencio.
O resultado foi o inmenso pracer de compartir a MÚSICA, de experimentar a forza do colectivo dende cada gran de area individual.
Luisa, Lydia, Cris, Alejandra, Uxía, fadas costureiras de 3ºA, familias e colaborador@s divers@s,
rondalleir@s
GRAZAS
GRAZAS
GRAZAS
Pedimos o aguinaldo
Como todos os anos por estas datas, cargámonos de cantigas e instrumentos e saímos a pedir o aguinaldo...
Así o fixeron os Sapiens
Así 1ºB
Tamén volvemos cargados...pero de doces para facer SUCULENTAS MERENDOLAS!!!!
Este ano 3ºA, 3ºB, 5ºA e 5ºB non pediron o aguinaldo individualmente, MIRADE AQUÍ

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)