Amosando publicacións coa etiqueta baixo eléctrico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta baixo eléctrico. Amosar todas as publicacións

mércores, 20 de maio de 2020

Os instrumentos. Cordófonos III

Dos cordófonos que adoitan ser percutidos, o PIANO é o máis coñecido. Cada vez que tocamos unha tecla actívase un mecanismo cun martelo que percute a corda. Aquí vese ben:




O clavicordio, o címbalo húngaro, o santur, o dulcémele ou o salterio tamén se percuten.



No baixo eléctrico utilízase unha técnica chamada SLAP na que se percute a corda co dedo polgar.




E o berimbau do Brasil, un dos meus preferidos, é descendente do arco musical, probablemente o cordófono máis antigo da historia.