Os IDIÓFONOS (idio: propio, persoal, particular; fono: que soa) son todos aqueles instrumentos nos que o que vibra é o seu propio corpo.
É un grupo moi extenso, e temos moitos destes na aula e no cotián. Piñas, cunchas, culleres, pratos, crótalos, ferriños e ferriñas das pandeiretas, cabazas, maracas, paus, caixas chinesas, cuenco tibetano, tingshas, gong.... e un longo etc.
Podemos agrupalos polo material (metal, madeira, pedra, plástico, vidro, etc.) e tamén polo modo de acción sobre el (rascar, rozar, percutir, entrechocar, sacudir...)
Aproveitando que falamos deles, vouvos compartir unha cantiga preciosa acompañada deste instrumento que se parece moito aos nosos mecanismos de caixiña de música da aula. É Germán Díaz, outro virtuoso, musicando un texto de Paula Carballeira.
Tamén este LITÓFONO prehistórico, instrumento de placa da prehistoria. (lito quere dicir pedra, e fono xa sabemos)