venres, 21 de decembro de 2018

Teléfono de fíos

Experimentamos co teléfono de fíos, o precursor do teléfono, e comprobamos a velocidade de transmisión do son a través dun sólido (o fío tenso).
A voz dentro do vaso, as pequenas percusións nel, o rozar a propia corda tensa ->

AMPLIFÍCANSE NO VASO, QUE FUNCIONA COMO CAIXA DE RESONANCIA,
VIAXAN A TRAVÉS DO FÍO...

e o que é inaudible á distancia a través do aire, escóitase instantáneamente no outro estremo do fío.

martes, 18 de decembro de 2018

Propagación no medio líquido

Xa miramos no cadro que o son viaxa máis rápido no medio líquido que no gasoso. Tamén que a auga salgada permite máis velocidade que a doce.
Grazas a iso os grandes cetáceos comunícanse a mar de ben (aínda que os separen centos de kilómetros) e empregan a ecolocalización para sortear obstáculos.

Nós, na aula de música, propuxemos algúns experimentos para facer na casa:
  1.  aproveitar o momento do baño para mergullar as orellas debaixo da auga da bañeira e comparar como escoitamos bater un par de culleres dentro e fóra da auga. 
  2. o mesmo pero na piscina, pedirlle a alguén que nos falase dende fóra, batese na auga ou deixase caer unha pelota.
As conclusións foron que todo o que é percutido DENTRO amplifícase, pero o que soa fóra non se percibe con nitidez.

Tamén experimentamos con dous globos e, aínda que esperabamos moita diferenza entre o globo enchido de auga e o que tiña aire, a maioría de nós ou non notou diferenza ou simplemente percibiu máis grave o son percutido no globo con auga.


mércores, 5 de decembro de 2018

O son e a súa propagación

Os SONS, de igual xeito que os infrasons e os ultrasons, son ondas mecánicas que se propagan a través da materia (sólida, líquida ou gasosa).

Non se propagan no baleiro.

E curiosamente o noso medio máis habitual para comunicarnos sonoramente, o medio gasoso (aire), é o medio no que máis lentamente viaxan as ondas...

O medio no que mellor viaxan é o medio sólido,  pero non en todos os sólidos igual. Mirade a táboa:


En clase de música fixemos uns experimentos ben bonitos con CAIXIÑAS DE MÚSICA e DIAPASÓNS.

martes, 13 de novembro de 2018

Música e física

A música é pura física, coma a maioría das cousas que suceden ao noso redor.

A FÍSICA é a ciencia que estuda as propiedades da MATERIA e a ENERXÍA.

A MÚSICA faise con SONS.

E o SON  é o resultado da vibración da MATERIA

 poidamos escoitala ou non (sabemos que o oído humano non percibe os infrasons nin os ultrasons, temos un espectro audible que vai máis ou menos dende os 20 Hz aos 20 KHz).

A rama da FÍSICA que estuda todo o relacionado co SON chámase FÍSICA ACÚSTICA.

nota: non esquezades visitar as hiperligazóns!!!

mércores, 10 de outubro de 2018

Ambientes

Observamos que as nosas cancións soan moi diferentes dependendo do espazo no que sexan interpretadas. Ten que ver co que normalmente se chama SON AMBIENTE.
Aquí vai o exemplo co grupo de 5ºA... aproveitando que o Magosto está a chegar.

xoves, 27 de setembro de 2018

A música, cousa de física e química...

Novo curso, novo proxecto.
Este ano o proxecto do Cole é Física e Química.
O noso traballo na aula de Música consistirá en atopar todas as relacións posibles entre a música e as anteriores.
Xa estamos recollendo pareceres e crenzas.


xoves, 31 de maio de 2018

MÚSICA E ANIMAIS

E chegou o día do noso
I CONGRESO DO COLEXIO DE REBOREDA.
Premendo na imaxe viaxaredes a unha presentación virtual na que está todo o traballado durante este curso relativo ao noso tema, a relación entre MÚSICA E ANIMAIS.

https://www.youtube.com/watch?v=-9ngeDQezSo

BOA VIAXE!!!

mércores, 30 de maio de 2018

Baño sonoro SORPRESA.

Aproveitando a celebración do
I CONGRESO DO COLEXIO DE REBOREDA, 
o grupo de 3ºB vai estrear un baño sonoro que, nesta ocasión, non podemos desvelar...
Soará máis ou menos así:

venres, 4 de maio de 2018

Baño sonoro de abril. Unha viaxe fóra e dentro da casa.

Este baño sonoro foi realizado por 4ºB.
É o baño sonoro máis teatral e inspirado nunha paisaxe sonora moi coñecida pola maioría de nós, A CASA, dentro e fóra dela.
Aparecen nel animais e sons domésticos, tamén algún dos animais libres que podemos escoitar dende o noso fogar...
Así foi

xoves, 1 de febreiro de 2018

Baño sonoro de xaneiro. Unha viaxe á sabana

Aquí tedes o rexistro en vídeo do último baño sonoro, o de xaneiro ofrecido por 4ºA
Sabemos que nada se compara con viaxar en vivo e en directo, pero así vos podedes facer unha idea.
Benvidos á sabana!! 
EXCELENTE TRABALLO 4ºA!!! 
NORABOA!!!

luns, 22 de xaneiro de 2018

BIBLIOCONCERTOS. Baño sonoro de xaneiro

Comezamos o 2018 e esta paisaxe sonora é a que escoitaredes se asistides o póximo venres 26 de xaneiro ao Baño sonoro co que nos agasallarán @s compañeir@s de 4ºA.
Arriscádevos a dicir por onde viaxaremos?