Este tempiño de baixar a velocidade, de quedar na casa, déixanos espazo para poñer atención na marabilla que nos rodea. Sería boísimo que isto que nos pasou servise para coidar dela, deste mundo que é a nosa casa.
Déixovos esta montaxe de Carlos Lago, profe de plástica no Pino Manso, con cadros de Leandro Lamas e unha versión de What a Wonderful World, peza de George David Weiss & Bob Thiele, que fora popularizada por Louis Armstrong a finais dos ‘60.
Aquí escoitaredes a Chris Botti e Mark Knopfler.
Abaixo tedes a tradución da letra.
Non podía encaixar mellor audio e imaxe!!! Fermoso traballo!
Un marabilloso mundo
Vexo árbores verdes , rosas vermellas tamén
Véxoas florecer , para min e para ti
E penso que é un marabilloso mundo
Vexo ceos de azul e nubes de branco
O día glorioso e brillante, a escura noite sagrada
e penso que é un marabilloso mundo
As cores do arco da vella son tan fermosas no ceo
son tamén as facianas das persoas que van por aí
Vexo amigos dándose a man dicindo: como estás?
cando en relidade queren dicir: quérote
Oio bebés chorando, véxoos medrar
eles aprenderán moito máis do que cren
e penso que é un marabilloso mundo
Si, penso que este é un marabilloso mundo.
Como todos os anos, esta semana apareceron na aula de música o esquelete Pancho, a bruxa
Cachavacha, a araña...
...e trouxeron amigos!!!
Viñeron a levarnos nunha viaxe virtual a México e o seu "Día de los Muertos".
Déixovos estas dúas curtametraxes boísimas. Gozade delas!!!