Amosando publicacións coa etiqueta paisaxe sonora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta paisaxe sonora. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2020

Helena tamén musiquea na casa...

e mándanos o seu depo-ritmo acompañada de María, a súa irmá que tamén pasou por este cole:




E tamén a súa paisaxe sonora:




BRAVA HELENA!!!

mércores, 10 de xuño de 2020

Unha proposta máis

No debuxo da PAISAXE DE PRIMAVERA hai polo menos 13 sons diferentes.
Propóñovos que elixades un dos sons e o imitedes vocal ou corporalmente (non podedes empregar obxectos), o gravedes e mo enviedes a musisabel2@gmail.com ou por whatsapp ao 607409217.

Cando elixades son facede un comentario e revisade os anteriores. Ata que non se completen os 13 non poderedes repetir sons. Fixádevos se o que elixistes non está collido xa.

Un, dous, tres.....GRAVANDO!!!

luns, 8 de xuño de 2020

Paisaxe primaveral

Se observamos este debuxo (que non soa) polo miúdo, case podemos intuír a súa banda sonora. Ampliade a imaxe picando nela e elixide polo menos 3 sons que vexades, como se fose unha partitura.
Mencionádeo nun comentario.


mércores, 3 de xuño de 2020

Dúas novas paisaxes

Lucía de 5º e María de 1º compartiron con nós as súas pistas...






QUE ESCOITADES?

E seguimos musiqueando na casa

Mauro, de 6º, uniu o da paisaxe sonora co deporte e quedoulle unha "paisaxe deportiva". Mirade!!!



Gorka, de 4º, fixo coa familia un coci-ritmo!!!


MOI BEN!!!!

luns, 1 de xuño de 2020

David e Marcos tamén musiquean

David (d'As formigas do profe Esteban) e Marcos de 2ºB estiveron musiqueando xuntos na casa.

Primeiro David tivo unha idea boísima para paisaxe sonora e logo apareceu Marcos e sumouse ao son. Que escoitades aquí?





E logo estiveron practicando coas piña. Artistas!

xoves, 28 de maio de 2020

mércores, 27 de maio de 2020

Paisaxe sonora de Brais

Brais ten unha paisaxe sonora ben bonita!!!

Que escoitades?

Para axilizar os comentarios, imos deixar só un día para que @ don@ da pista se manifeste.

Así que Brais, mañá cóntanos!!!



luns, 25 de maio de 2020

Paisaxe sonora de Martín

E aquí tedes unha nova paisaxe sonora. A de Martín, de 5ºB. Podedes comentar que é o que escoitades aquí. El púxolle ata nome á pista...
Martín, o mércores fai un comentario resolvéndonos as dúbidas.
Moitos bicosssss a tod@ssss


xoves, 7 de maio de 2020

Concerto matutino na Poza de Casal

Uxía, a nosa coidadora, gozou onte dun concerto en exclusiva para ela. Foi na Poza de Casal.

Temos vídeo!!!




E a foto das intérpretes. A ver se as atopades, porque son expertas en camuflaxe.


Catro paisaxes novas

Ola!

Xa están publicados os comentarios de Máis paisaxes sonoras, falta que @s don@s das pistas nos confirmen.

E aquí van catro máis!!! Os comentarios publicareinos o luns.

Estou pensando que ben podíamos xuntalas todas para crear A SINFONÍA DO CONFINAMENTO. Valeríanos para relaxarnos, estudar, viaxar sen movernos do sitio....

A de Diego T., de 6ºB.




A de Lara, de 1º.




A de Iván, de 3ºA.



E a de Sandra, de 6ºA


BOA ESCOITA!!!

martes, 5 de maio de 2020

Novas paisaxes sonoras

Achegáronnos as súas paisaxes a familia Llobet Hernández (Ángela, Jaume e Vicent)





Mauro de 6ºA





E Antón, de 5ºA, achegounos dúas!!!






A ver que escoitades aquí.
O venres publico todos os comentarios, incluídos os dos donos das gravacións.
Boa escoita!

luns, 4 de maio de 2020

Máis paisaxes sonoras

Olaaaaaa!!!

Lembrade que esta proposta ten varias partes:
  • achegar as vosas paisaxes
  • escoitar as paisaxes d@s compañeir@s e descubrir lugar, momento do día, obxectos.... e comentalo no blog.
  • ao terceiro día de publicada unha paisaxe, @s don@s da paisaxe sacádenos de dúbidas nun comentario, porfa!!!!
Eu estou intrigadísima con algunhas delas!

Aquí van novas. Gardarei os comentarios e os publicarei todos xuntos o xoves.

Boa escoita!!!!!

A paisaxe de Yago O. de 6ºB





A Paisaxe de Estela de 3ºA




A paisaxe de Miguel M. de 6ºB


xoves, 30 de abril de 2020

Paisaxes sonoras. Toda unha paleta de sons!!!

Olaaaaa!!!!

Marabilla de riqueza de sons...

Moito estades traballando!!! Lembrade poñer a orella, escoitalas todas e tentar descubrir momento do día, espazo, obxectos...

Aquí van todas as de hoxe. Gardarei os comentarios e publicareinos o próximo MARTES.
Pídovos @s don@s dos rexistros que o martes nos contedes toda a verdade a través dun comentario. Non nos deixedes coa dúbida.

Boa escoita!!!!

CANDELA, de 4º



DIEGO, de 6º




HUGO D., de 4º, que ten dúas!!!






NICO, de 3º




e ANDREA, de 4º, que nos deixou o seu SON MISTERIOSO



mércores, 29 de abril de 2020

Paisaxes sonoras de LUCÍA VARELA E MARTÍN (6º)

Afinade a orella!!! Eu tamén o estou a facer...

Aquí van dúas paisaxes máis.

Lembrade que vou gardar os comentarios para publicalos o próximo luns.

LUCÍA, MARTÍN, desveládenos a vosa paisaxe o luns porfi.

Paisaxe sonora de LUCÍA:




Paisaxe sonora de MARTÍN


BOA ORELLA!!!


Paisaxes sonoras de IRIA (3ºA) e XANDRE (1º)

Seguimos coas nosas paisaxes sonoras destes dias...

A ver se descubrides estas dúas que recolleu Iria:








E que podedes dicir da paisaxe sonora de Xandre?




LEMBRADE QUE EU VOU IR GARDANDO OS COMENTARIOS E O PRÓXIMO LUNS PUBLICAREINOS TODOS, INCLUÍDOS OS DE IRIA E XANDRE CONTÁNDONOS DE QUE SE TRATABA.

martes, 28 de abril de 2020

paisaxe sonora de MAURO

A ver se descubrides onde foi gravado, que aparece aquí.....

Eu de momento non son capaz...

Aquí vai a paisaxe sonora de Mauro.



luns, 27 de abril de 2020

Paisaxes sonoras

Olaaaa!!!

Vouvos propoñer un xogo.

Agora que xa podedes saír a dar un paseo, vouvos pedir que gravedes (pode ser coa tablet, coa gravadora de voz do móbil...) unha paisaxe sonora de dentro ou fóra da casa, nun momento concreto do día, nun espazo concreto tamén... O resto imos ter que descubrir de que espazo se trata, que momento do día...  e todos os elementos sonoros que alí aparecen.
Hai que afinar moito a orella...

Podedes mandarme o audio a musisabel2@gmail.com e eu subireino aquí. Non me contedes NADA, que eu tamén quero xogar.

E o resto imos dicir o que nos parece a través de comentarios. Agardarei tres días para publicalos todos xuntos.

Aquí van dúas pistas miñas para comezar.





venres, 20 de marzo de 2020

Olaaaaa!

Gustaríame saber de vós...
Podedes contarme como o ides levando a través dos comentarios.
Tedes a sorte de vivir nun sitio arrodeado de natureza e se vos agobiades, só con poñervos preto dunha ventá aberta, pechar os ollos e respirar lento e profundo estaredes máis tranquil@s e relaxad@s.
Podedes facelo apoiando a man esquerda sobre o abdome onde está o embigo e a dereita sobre o peito.
Aínda así, vouvos deixar unhas pistas con paisaxes sonoras e exercicios para relaxarvos.
Unha aperta!!!!




venres, 4 de maio de 2018

Baño sonoro de abril. Unha viaxe fóra e dentro da casa.

Este baño sonoro foi realizado por 4ºB.
É o baño sonoro máis teatral e inspirado nunha paisaxe sonora moi coñecida pola maioría de nós, A CASA, dentro e fóra dela.
Aparecen nel animais e sons domésticos, tamén algún dos animais libres que podemos escoitar dende o noso fogar...
Así foi