Así o expresa o artista plástico arxentino
martes, 31 de decembro de 2013
venres, 20 de decembro de 2013
¡¡¡BOAS FESTAS!!!
A cantar, tocar, bailar, brindar, bicar, abrazar...!!!
Non precisamos moita cousa para festexar.
Mirade se non aos VOCA PEOPLE.
Toda a festa que montan empregando só as súas voces:
Non precisamos moita cousa para festexar.
Mirade se non aos VOCA PEOPLE.
Toda a festa que montan empregando só as súas voces:
¡¡¡ATA O ANO QUE VEN!!!
xoves, 5 de decembro de 2013
Músicos e Veciños
Xa temos nova música na alarma do cole. Esta vez os veciños son da BANDA DE MÚSICA DE CHAPELA.
Están a interpretar a peza "REDONDELA" do compositor ponteareano (fillo dunha redondelá) Reveriano Soutullo.
Podedes ver este concerto dirixido por Severino Pedrosa no seguinte vídeo.
Por certo:
¿Sabedes cal é a diferenza entre unha BANDA DE MÚSICA e unha ORQUESTRA SINFÓNICA?
¿Sabiades que existen as BANDAS SINFÓNICAS?
¿Sabedes onde se atopa a placa que vedes a continuación?

luns, 2 de decembro de 2013
O Outono
Tempo de esfolladas, castañas e viño novo...
Tamén de calacús, bruxas e mouchos...
Pouco a pouco vai camiñando cara ao inverno pero deixa con nós estas cancións, xogos e experiencias que atoparedes buscando no seguinte Póster:
Tamén de calacús, bruxas e mouchos...
Pouco a pouco vai camiñando cara ao inverno pero deixa con nós estas cancións, xogos e experiencias que atoparedes buscando no seguinte Póster:
mércores, 27 de novembro de 2013
Musiqueamos
Algún de nós tamén MUSIQUEA fóra do cole, en diferentes espazos do noso contorno: conservatorios, escolas de música, asociacións culturais, etc.
Alba vai a aulas de violín no Centro Cultural "Chan das Pipas" en Saxamonde e o seu profe chámase Felipe Rodicio.
Iván musiquea na Asociación Cultural de Reboreda. Neste caso está a tocar o bombo co grupo de gaitas inda que seguramente en pouco tempo estará tocando a gaita.

domingo, 24 de novembro de 2013
Músicos na familia
Carlos García Pazos, de 4ºA, ten un músico na familia.
O seu pai, Carlos García Gómez toca o GUITARRÓN nun MARIACHI e o BAIXO ELÉCTRICO na RONDALLA de Redondela.
Carlos fillo entrevistou a Carlos pai...
Nós xa coñeciamos a Carlos pai porque o curso pasado estivo no cole cos seus compañeiros do MARIACHI VIGO para ensinarnos o guitarrón e tocar con nós unhas cancións. ¿Lembrades?

Mirade AQUÍ.
¡¡¡MOITAS GRAZAS CARLOS E CARLOS!!!!
martes, 19 de novembro de 2013
Paisaxe Sonora
O venres pasado, aproveitando a visita que @s nen@s de Infantil fixeron a vila de Redondela, quedamos para escoitar pasar o TREN que vai dende Vigo a Santiago e recoller o son cunha gravadora moi potente.
Agardaba por el@s xusto debaixo do Viaduto probando o aparato cando me sorprendeu un tren co que non contaba: o que vai ao revés, dende Santiago a Vigo. Escoitade como soaba:
Pouco tempo despois chegaron @s nen@s, as profes e tamén o tren que viña de Vigo e que esperábamos que pasase ás 12:40.
Escoitade como soaba:
Se poñedes atención ao escoitar as dúas paisaxes sonoras (sobre todo se empregades auriculares coa letra R e L colocadas na orella dereita e esquerda respectivamente) notaredes as diferenzas de velocidade, de dirección, de duración, de intensidade, etc. entre os dous trens.

luns, 11 de novembro de 2013
Día de Muertos II
Non faltaron as flores de CEMPASÚCHIL, nin o PAPEL PICADO... ata fixemos CALACAS para lembrar algún dos nosos"muertitos".
Estiveron con nós o esquelete Pancho, a bruxa Cachavacha, a CATRINA...
Na nosa vila, Redondela, tamén se celebrou o "Día de los Muertos" cun MARIACHI coñecido por nós.
Estiveron con nós o esquelete Pancho, a bruxa Cachavacha, a CATRINA...
Na nosa vila, Redondela, tamén se celebrou o "Día de los Muertos" cun MARIACHI coñecido por nós.
martes, 5 de novembro de 2013
Músicos e Veciños
Xa vos decatastes de que mudou a música que soa no timbre de entrada e saída. Xa non é folk galego.
Neste outono estamos a comezar e rematar a nosa mañá escoitando JAZZ.
Jazz da nosa contorna, de Redondela.
Trátase do ALBERTO VILAS QUINTETO interpretando a peza GURÚ do disco EXPERIANZA.
E Alberto Vilas, ademáis de ser músico e veciño, e o tío de Eva e Iván Vilas.
Podedes ver ao grupo tocando esta peza o ano pasado no pub "Jazz FILLOA" de A Coruña.

venres, 1 de novembro de 2013
Día de los Muertos
Músicas Miúdas
... e se pensabades que estabamos un pouquiño tolos facendo música con obxectos traídos da casa, no vos perdades este vídeo.
venres, 25 de outubro de 2013
Músicas Miúdas...
... feitas con sons elixidos minuciosamente en...
cousas do CUARTO
PEQUENOS CONTORNOS.
A consigna foi buscar ese SON soprando, percutindo, sacudindo, raspando, etc. entre todos os obxectos que chamasen a nosa atención nun sitio concreto da casa (elixido na clase por maioría).
Foi moi divertido!!! Saíron músicas chulísimas!!! Algún dos SONS resultaron verdadeiras xoias agochadas, agardando que alguén chegase a descubrilas!!!
E así foron as nosas Músicas Miúdas:cousas do CUARTO
cousas do BAÑO cousas da COCIÑA
Músicas Miúdas...
cousas do FAIADO, BODEGA, GARAGE, TRASTEIRO...
FERRAMENTAS
@s compañeir@s de 2ºB fixeron unha procura particular: percorreron todos os recunchos da casa para atopar...
IDIÓFONOS DE MADEIRA
xoves, 24 de outubro de 2013
FOLGA XERAL ENSINO
Sobran motivos...
Nunha sociedade na que se eduque en función da capacidade económica, se segregue por sexos y se valore máis a competitividade que a cooperación; non terán lugar a creatividade, a expresión artística, o libre pensamento, a solidariedade...
Neste cole parece que o teñen claro, mirade:
mércores, 23 de outubro de 2013
Galegos Universais
Catro Compositores Galegos foron nominados aos "Hollywood Music in Media Awards 2013", premios que se entregarán nunha gala que se celebrará o 21 de novembro no "Fonda Theatre" de Los Ángeles.
Trátase de Antón Alcalde, Daniel Minimalia, Karolis Biveinis e Rubén Vizcaíno.
Se queredes podedes ler a NOTICIA AQUÍ.
Trátase de Antón Alcalde, Daniel Minimalia, Karolis Biveinis e Rubén Vizcaíno.
¡¡¡NORABOA AOS CATRO!!!
Se queredes podedes ler a NOTICIA AQUÍ.
Galegos Universais
Os pesados discos de pizarra do século XIX e comezos do XX só permitían rexistrar sons de pouca duración, uns sete minutos lembran os historiadores.
Antes de que chegase o disco de vinilo a Galicia, dous irmáns composteláns, Juan e José Portela Seijo, convertíanse en pioneiros cun MAGNETÓFONO que gravaba son nun FÍO DE ACEIRO (¡¡¡no ano 1939!!!).
Mirade que curioso como se fan os discos de VINILO, que inda que moitos de vós nunca mirou un, hai determinadas músicas que seguen gravándose neles.
Antes de que chegase o disco de vinilo a Galicia, dous irmáns composteláns, Juan e José Portela Seijo, convertíanse en pioneiros cun MAGNETÓFONO que gravaba son nun FÍO DE ACEIRO (¡¡¡no ano 1939!!!).
martes, 15 de outubro de 2013
músicos e veciños
Éste é outro dos nosos veciños músicos, o contrabaixista Antonio Castillo, que toca esta noite co seu trío en "La casa de arriba" en Vigo.
Podedes ir escoitando algo:
In walked Bud from Antonio L. Castillo on Myspace.
Podedes ir escoitando algo:
In walked Bud from Antonio L. Castillo on Myspace.
luns, 14 de outubro de 2013
Músicos na familia
Case todos temos algún músico na familia. Uxía Couñago, de 4ºA, tamén.
O seu tío Carli é o guitarrista do grupo R.M.S., habitual no LIXO ROCK.
Uxía atreveuse a facerlle unha reportaxe no medio de outros reporteiros "importantes" da tele.
Aquí tedes a proba.
E aquí tedes o videoclip que fixeron en estudio do clásico "BORN TO BE WILD" (que en galego ven sendo "nacido para ser salvaxe"). Se premedes AQUÍ atoparedes a letra e a tradución.

MOITAS GRAZAS, Carli Míguez Pena!!!
MOITAS GRAZAS R.M.S.!!!
MOITAS GRAZAS R.M.S.!!!
MOITAS GRAZAS Uxía pola reportaxe!!!
venres, 4 de outubro de 2013
Paisaxe Sonora
Este ano intentaremos facer un rexistro da Paisaxe Sonora do noso CONTORNO, xa que non sempre somos conscientes de que o SON tamén forma parte del.
Esta é a primeira toma que fixemos, inda que non nos gusta que forme parte do noso pequeno mundo.
Trátase dun hidroavión traballando nun incendio perto de Reboreda. A foto foi tirada por Paula e o son recollido por Carmen, as dúas de 5ºA.
A partir de agora, Reboreda xa aparece no mapa das Paisaxes Sonoras da plataforma ESCOITAR.ORG, onde hai milleiros de paisaxes de todo tipo.
¡¡¡ATÓPANOS !!!
xoves, 3 de outubro de 2013
Unha eiruga ... ¡MOI LARPEIRA!
Cara o fin do curso pasado, @s nen@s de 4ºA e 4ºB decidiron representar o conto de Eric Carl "Unha eiruga moi larpeira" empregando a técnica da luz negra. Así quedou a obra na representación do festival.
A BANDA SONORA
Na aula de música, traballamos duro para crear a banda sonora sobre a que escenificar a obra.
O primeiro foi recrear os sons da noite e do día
Logo exploramos entre os obxectos e instrumentos da aula para atopar máis de dezaséis rilladas diferentes
E por último creamos unha melodía que fose mudando como a propia eiruga, primeiro fraca, logo gordecha e ao final.....
BOLBORETA!!!
foi un pracer compartir o traballo c@s nen@s; coas profes Luisa, Lydia e Alicia; e con Luisa Gago, daquela coidadora.
Moitas grazas!!!
venres, 27 de setembro de 2013
Improvisa
Se queredes transformar o teclado do ordenador nun órgano co cal improvisar con música e imaxe, podedes premer na ligazón á aplicación IMPROVISA. Tedes que elixir unha carpeta de sons e outra de imaxes. Lembrade que non se emprega o ñ.
¡A XOGAR!
domingo, 22 de setembro de 2013
"MERCI" contaxiando a alegría
¿que fai o home da curta? ¿por que? ¿para que?
NON IMPORTA.
O importante é a VIBRACIÓN capaz de mudar o estado de ánimo da xente que o rodea.
¡¡¡BO COMEZO DO OUTONO!!!
venres, 20 de setembro de 2013
axenda cultural
Se queredes estar enterados das festas, foliadas, seráns, concertos, cursos e todo o que ten que ver coa nosa música, non tedes máis que premer na ligazón de MALMEQUER que tedes no menú da dereita.
E este domingo, na Xunqueira ...
mércores, 18 de setembro de 2013
músicos e veciños
Este ano decidimos poñer moita atención a todo o que ten que ver co noso pequeno mundo, co noso CONTORNO. Por iso as músicas que escoitaremos coa sinal de entradas
e saídas do cole e ao recreo serán de músicos e grupos redondeláns.
Ou sexa, veciños.
Polo de agora empezamos e rematamos a xornada escoitando unha mazurca do grupo Tanto Nos Ten "Música Tradicional Furtiva".
Aquí os tedes:
Aquí os tedes:
domingo, 15 de setembro de 2013
De estrea
...a este espazo que é coma unha casa nova. Inda está baleiro, pero irá enchéndose de sons, cantigas, danzas, descubrimentos, creacións...
Invitámosvos a visitalo
mércores, 30 de xaneiro de 2013
Visita Mariachi
Carlos García Gómez (pai de Carlos García Pazos, de 3º A) fíxonos unha visita para ensinarnos o GUITARRÓN. Algún de nós nunca mirara un nin en foto.
Viñeron con el dous compañeiros do grupo MARIACHI: Gabriel (o violinista) e Lino García que este día tocaba o cuatro e tamén é o director do grupo.
¡¡¡Ana de la Iglesia atreveuse a subir ao escenario e comprobar o peso de instrumento!!!
E logo cantamos xuntos todas as cancións mexicanas que sabemos.
Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas.
¡¡¡MOITAS GRAZAS CARLOS, GABRIEL E LINO!!!!!

mércores, 2 de xaneiro de 2013
Pedimos o aguinaldo
No 2012 pedimos o aguinaldo con estas cantigas:
Os dous 5ºs pediron o aguinaldo coas "Janeiras de Macedo de Cavaleiros", cantiga portuguesa.
Así o fixeron os de 5ºA
Así os de 5ºB: E así os dous xuntos no Festival de Panxoliñas:
1ºA cantou "UNHA POUCA ROUPIÑA"
Así o fixeron os de 5ºA
Así os de 5ºB: E así os dous xuntos no Festival de Panxoliñas:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)