O venres pasado, aproveitando a visita que @s nen@s de Infantil fixeron a vila de Redondela, quedamos para escoitar pasar o TREN que vai dende Vigo a Santiago e recoller o son cunha gravadora moi potente.
Agardaba por el@s xusto debaixo do Viaduto probando o aparato cando me sorprendeu un tren co que non contaba: o que vai ao revés, dende Santiago a Vigo. Escoitade como soaba:
Pouco tempo despois chegaron @s nen@s, as profes e tamén o tren que viña de Vigo e que esperábamos que pasase ás 12:40.
Escoitade como soaba:
Se poñedes atención ao escoitar as dúas paisaxes sonoras (sobre todo se empregades auriculares coa letra R e L colocadas na orella dereita e esquerda respectivamente) notaredes as diferenzas de velocidade, de dirección, de duración, de intensidade, etc. entre os dous trens.
Es una pasada escucharlo con auriculares parece que viene por un lado y se va por el otro.Me gusta más escucharlo por a qui que estar en Redondela escuchándolo, y ¿porque? Porque en Redondela es como un ruido insoportable"para mi quiero decir" y por el ordenador parece algo increible. No parece lo mismo[por lo menos para mi]
ResponderEliminarSi, Carmen, enténdote. ¿Sabes cal é a diferenza? Que aquí é simplemente un son que estás a escoitar VOLUNTARIAMENTE.
ResponderEliminarE cando estás en Redondela, este son invade o que estás facendo sen preguntarche nin pedirche permiso.
Así pasa con moitos sons do noso arredor, inda que poidan sen fermosos, convértense en ruido porque aparecen nun momento que non é o adecuado.