domingo, 24 de novembro de 2019

As relacións entre música e deporte

Aquí vos quedan recollidas todas as ideas que compartimos na aula de música. As que aínda temos na pizarra....

música e deporte by Isabel Mouzo on Scribd

luns, 7 de outubro de 2019

MÚSICA E DEPORTE

Este ano o proxecto do centro xira ao redor do DEPORTE. O desafío da aula de música consistirá en atopar e crear todas as posibles relacións entre o deporte e o mundo sonoro...
Niso estamos.

Aquí un vídeo onde Carlos Jean, produtor musical, grava a música dun spot publicitario con sons producidos por deportistas olímpicos.

Mirade!!!


xoves, 4 de xullo de 2019

BAÑOS SONOROS

Como sabedes, os baños sonoros deste curso foron creados utilizando diferentes MODOS DE ACCIÓN sobre as fontes sonoras que interviñan.
Aquí tedes o recollido en vídeo de algún deles.

venres, 14 de xuño de 2019

ESCOITA DE AUDIO EN 8D

Quedan aquí algunhas experimentacións que non chegamos a facer, concretamente a escoita de audio en 8D.

PON OS AURICULARES E ESCOITA!!!




xoves, 13 de xuño de 2019

6ºA e 6ºB - AMBIENTES

Os dous sextos non só experimentamos gravando nos diferentes espazos do cole, senón que ademáis aproveitamos para gravar na CÁMARA SEMIANECOICA (o ambiente máis seco de todos nos que estivemos) e tamén na IGREXA DE REBOREDA (disputándose o 1º posto de máxima reverberación co Pabellón).
Grazas unha vez máis a Antonio Pena e David Santos por deixarnos facelo na Cámara, e á profe Loli de relixión, que foi quen conseguiu que nos deixasen gravar na igrexa.



martes, 4 de xuño de 2019

Facendo bailar a palliña da copa veciña

Neste experimento, tamén grazas á vibración por simpatía, somos quen de facer bailar unha palliña na copa que non tocamos. Previamente, ocupámonos de que coincidise a afinación das dúas copas, senón....

Mirade que guai!!!


luns, 3 de xuño de 2019

PAULO PASCUAL, concerto de THEREMIN no cole

O pasado 13 de maio viu ao cole PAULO PASCUAL a facer un concertazo de THEREMIN, ese instrumento case MÁXICO, que se toca sen TOCAR...



Encantounos!!!! 

TANTO QUE ATA NOS ATREVEMOS A PROBAR...

Se queredes escoitar máis cousas de Paulo podedes atopalas no seu canal de Youtube MODULADOR DE ONDAS

xoves, 30 de maio de 2019

Ambientes 4ºA

Outra versión de "A casa" de Vinicius de Moraes nos diferentes espazos do cole, esta vez interpretada polas voces de 4ºA.
Escoitade!!!

luns, 27 de maio de 2019

Carreira de papeliños sobre cordas resonantes

Esta carreira que fixemos tamén ten que ver coa RESONANCIA ou VIBRACIÓN POR SIMPATÍA.

Só precisamos poñer un papeliño sobre cada unha das 4 cordas máis graves da guitarra (MI, LA, RE, SOL), apoiar esta sobre un xilófono baixo sen tapar as placas análogas e VOILÁ!!!

Catro persoas, cadansúa baqueta, percuten as mesmas notas no xilófono baixo. As cordas resonantes comezan a vibrar por simpatía...

E OS PAPELIÑOS A VIAXAR CORDA ARRIBA!!!

MOI DIVERTIDO!!!

luns, 20 de maio de 2019

Ambientes 1ºB

Aquí vos quedan as diferentes versións de "La hojita seca", cantada por 1ºB en diferentes espazos do cole.
Escoitade!!!

xoves, 9 de maio de 2019

Ambientes 2ºB

Aquí poderedes comprobar o diferente que soa a cantiga  
"A Casa" de Vinicius de Moraes, cantada por 2ºB, dependendo do espazo no que a gravamos... Escoitade!!!

luns, 6 de maio de 2019

O SON QUE SE VE

ERNST CHLADNI (1756-1827) foi un físico alemán que, polo seu traballo sobre as vibracións e a velocidade do SON, é considerado o pai da ACÚSTICA.
Coñecidas son as súas FIGURAS DE CHLADNI, onde é posible visualizar cada frecuencia co seu propio debuxo de fina area sobre unha placa de vidro ou metal.

Nós, coas nosas posibilidades técnicas (maceta, globo grande, area de cor, tubo de lavadora e as voces), intentamos imitalo...

E este é o experimento feito cun xerador de ondas.

venres, 3 de maio de 2019

RESONANCIA ou VIBRACIÓN POR SIMPATÍA

Un dos fenómenos acústicos máis sorprendentes é a RESONCIA ou VIBRACIÓN POR SIMPATÍA.
Este fenómeno fai que un obxecto que está en reposo comece a vibrar se hai algún de características similares vibrando cerca. Como se se contaxiase!!! Algo parecido ao que nos pasa ás persoas coa EMPATÍA. 
O experimento fixémolo con dous timbais afinados igual. Un deles tiña alubias e onde percutiamos era no outro. Tamén saltaban as alubias ao percutir o gong, pero isto sucede porque o GONG é un dos instrumentos con maior número de ARMÓNICOS e algún deles coincidía coa frecuencia do timbal.
Neste caso, @s alumn@s de 3ºB desconfiaban de que a vibración se transmitise a través do chan, entón tiveron que manter os timbais separados del.

Os Pequeroes e as sementes

Os PEQUEROES tamén experimentaron coa altura do son. Neste caso xogamos con feixóns e lentellas vermellas...
Mirade!!!

martes, 30 de abril de 2019

Visita á CÁMARA SEMIANECOICA

No mes de abril fixemos con 6ºA e 6ºB unha visita á CÁMARA SEMIANECOICA que hai na Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da Universidade de Vigo.
Sabedes o que é unha CÁMARA SEMIANECOICA? Pois ben, xa sabemos o que é o ECO:
Unha cámara ECOICA sería unha que ten moito ECO (como o pabellón), unha AN-ECOICA un espazo sen nada de ECO. E unha SEMI-AN-ECOICA entón, é un espazo onde CASE non hai ECO.
Algo sabiamos da anécdota de JOHN CAGE e a CÁMARA ANECOICA.
Foi unha experiencia ben curiosa... houbo dores de cabeza, náuseas, incomodidade...
O cerebro maniféstase cando as condicións non son as habituais.
Queremos agradecer a DISPOÑIBILIDADE de tempo, dedicación e xenerosidade de Antonio Pena, profesor da Universidade e encargado da Cámara, e o seu compañeiro David Santos.

luns, 15 de abril de 2019

Reconstruíndo timbais

Tiñamos, na aula de música, uns vellos timbaliños feitos por nenos que xa acabaron a universidade...
Algúns coa membrana (vexiga de porco) rota, así que @s nen@s de 2ºA decidiron arranxalos e de paso comprobar aquilo da relación entre tamaño, tensión e altura do son.

  

martes, 5 de marzo de 2019

@s Alquimistas e os bosques encantados

Durante este curso, varias veces fomos de paseo a bosques encantados. Un par de veces eses bosques tiñan estraños tubos polo chan. Tubos máxicos aos que puidemos facer soar de dous xeitos distintos, aínda que o que soaba sempre era o aire.

Unha vez  percutímolos con chanclas...



E outra fixemos pedorretas dentro cos beizos, como se fosen trompetas...

martes, 19 de febreiro de 2019

Cordófonos

En 1ºA e 1ºB construímos uns cordófonos moi sinxelos, dunha soa corda. O obxectivo era comprobar que canto máis estirabamos a corda, máis aguda soaba!!! E se afrouxabamos, ao revés.
Pero é que ademáis, soan a mar de ben.
Escoitade!!!

martes, 5 de febreiro de 2019

Globófonos, tensión da membrana e altura do son

Tiñamos a hipótese de que algúns materiais vibrantes "elásticos" como as cordas e as membranas, ían soar máis agudos se os estirabamos (mentres todo o demáis se mantivese igual).
Construímos pequenos timbaliños con membrana de globo e comprobamos que iamos ben encamiñados.

Fixémolo en 3ºB
Tamén o fixemos en 2ºB

domingo, 27 de xaneiro de 2019

Altura do son III

En 6ºA 4ºA e 5ºB tamén experimentamos a relación entre o tamaño de dúas fontes sonoras do mesmo material e a altura do son que producen.





domingo, 20 de xaneiro de 2019

Altura do son II

En 2ºB tamén estivemos explorando a relación entre o tamaño de dous obxectos do mesmo material e a altura do son que producen. Pescudamos nas nosas casas....


E logo creamos pequenas partituras de dous sons para tocar por grupos de materiais semellantes.

martes, 15 de xaneiro de 2019

ALTURA DO SON

Estivemos reflexionando sobre que cousas inflúen na altura dun son, que é o que fai que soe máis agudo ou máis grave...
En 1ºA e 1ºB chegamos á conclusión, logo de explorar diversos materiais, que o tamaño da materia que vibra ten algo que ver nesta calidade do son.
Mirade:

domingo, 13 de xaneiro de 2019

Calidades do son

Utilizamos catro CALIDADES SUBXECTIVAS para describir un SON, tres delas sempre en relación e comparación con outro (por moi agudo, grave, forte, débil, curto ou longo que sexa un son haberá outro que o sexa aínda máis ). E cada un destes atributos depende de un ou máis parámetros físicos que poden ser medidos.

INTENSIDADE: máis forte ou máis débil, responde a unha maior ou menor amplitude de onda


ALTURA OU TONO: máis agudo ou máis grave, responde a maior ou menor frecuencia de onda.


DURACIÓN: sons longos ou curtos, teñen que ver coa maior ou menor permanencia desa vibración no tempo, coa lonxitude de onda.


TIMBRE: isto que fai que recoñezamos a voz de cada persoa, instrumento, son coñecido... está determinado polos ARMÓNICOS. É como o carné de identidade de cada son.



mércores, 9 de xaneiro de 2019

MÚSICA E QUÍMICA

Aínda que a relación música-química é menos evidente que a de música-física, non por iso é inexistente.
Ademáis de todas as contribucións da química ao tratamento dos materiais vibrantes para mellorar as súas calidades sonoras, sabemos dende hai un tempo que a música e a danza libre, entre outras disciplinas, son quen de provocar cambios na química do noso cerebro.
As persoas temos un sistema noradrenalínico que nos fai estar preparados para fuxir ou atacar, como na prehistoria. Entón, ante situacións de estrés, o corpo énchese de enerxía física que non gasta...
As danzas libres contrarrestan esa situación producindo hormonas que frean o sistema noradrenalínico, o chamado "CUARTETO DA FELICIDADE" (endorfina, serotonina, dopamina e oxitocina).
E vós diredes, que diferenza hai con facer deporte? Pois... que nas danzas libres o movemento é  iniciado polo corpo, non sabemos onde nos vai levar, non manda a cabeza!!!

No cole bailamos o 1º dos 5 Ritmos de Gabrielle Roth, o FLUÍDO. Un ritmo que nos remite ao nido, ao movemento envolvente, circular...