mércores, 9 de xaneiro de 2019

MÚSICA E QUÍMICA

Aínda que a relación música-química é menos evidente que a de música-física, non por iso é inexistente.
Ademáis de todas as contribucións da química ao tratamento dos materiais vibrantes para mellorar as súas calidades sonoras, sabemos dende hai un tempo que a música e a danza libre, entre outras disciplinas, son quen de provocar cambios na química do noso cerebro.
As persoas temos un sistema noradrenalínico que nos fai estar preparados para fuxir ou atacar, como na prehistoria. Entón, ante situacións de estrés, o corpo énchese de enerxía física que non gasta...
As danzas libres contrarrestan esa situación producindo hormonas que frean o sistema noradrenalínico, o chamado "CUARTETO DA FELICIDADE" (endorfina, serotonina, dopamina e oxitocina).
E vós diredes, que diferenza hai con facer deporte? Pois... que nas danzas libres o movemento é  iniciado polo corpo, non sabemos onde nos vai levar, non manda a cabeza!!!

No cole bailamos o 1º dos 5 Ritmos de Gabrielle Roth, o FLUÍDO. Un ritmo que nos remite ao nido, ao movemento envolvente, circular...

Ningún comentario:

Publicar un comentario