venres, 29 de maio de 2020

Boa finde!!!

Esta é a canción que aprendemos en 3º para o Día dos "muertitos".

O seu autor é VIRULO, todo un compendio de culturas, xa que naceu en Cuba, vive dende pequeno en México (e séntese mexicano) pero para esta canción utilizou todos os elementos da música andina, a dos indios coyas.

A cuestión é que para un neno caníbal é unha vergonza, unha deshonra que a súa avoa non lle resulte apetecible a ninguén. Que ninguén a queira comer porque é vexetariana...


xoves, 28 de maio de 2020

A paisaxe sonora de Brais

Aquí tedes a unha das responsables da paisaxe de Brais.

Preciosa ninfa!!!!


Seguimos co xeo...

Aínda que este patinador non ten a intención de facer música (coma músic@s da orquestra de xeo@) é incrible a música natural que resulta da súa práctica. Fixádevos!!!

Poderíamos dicir que a fonte do son é... de que familia?

mércores, 27 de maio de 2020

Novos depo-ritmos

Isto vaise animando!!!

E xa temos novos depo-ritmos.

Por unha banda Sandra e Iván fixeron o seu depo-ritmo acompañados da súa nai Diana. E o galo da avoa Loli non se resistiu a participar tamén na gravación.




E por outra banda Mauro, Estela e Andrea contaron con Alba e Antón, que ben se ve que están moi maiores xa...e ghuapísim@s!

NORABOA POLO TRABALLO!!!

Paisaxe sonora de Brais

Brais ten unha paisaxe sonora ben bonita!!!

Que escoitades?

Para axilizar os comentarios, imos deixar só un día para que @ don@ da pista se manifeste.

Así que Brais, mañá cóntanos!!!



martes, 26 de maio de 2020

O depo-ritmo de Mauro

Nivelazo de artistas que temos na familia de Reboreda!!!!

Mirade a Mauro coa súa nai...


Animádevos a facer o voso, é moi divertido!!!!

Concerto de xeo

Mirade que alucinante!!!


Hai instrumentos de todas as familias!!!!

Ou....de case todas.

Cal falta?

luns, 25 de maio de 2020

Paisaxe sonora de Martín

E aquí tedes unha nova paisaxe sonora. A de Martín, de 5ºB. Podedes comentar que é o que escoitades aquí. El púxolle ata nome á pista...
Martín, o mércores fai un comentario resolvéndonos as dúbidas.
Moitos bicosssss a tod@ssss


Os depo-ritmos de Xandre, Alán e Teo

Xandre, Teo e Alán fixeron uns depo-ritmos chulísimos coas súas familias!!!
Encántanme!!!
Mirade se non é certo...



BRAVOOOOOOOOOOO!!!!!

venres, 22 de maio de 2020

O cisne na rúa

Lembrades a danza do cisne do Carnaval dos animais de Camille Saint-Saëns?

Pois aquí tedes unha versión algo diferente. Sen tutú, sen escenario... mais preciosa!!!

BOA FINDE!!!

Depo-ritmos

Aquí vai unha nova proposta.
Trátase de facer un ritmo en familia utilizando obxectos de deporte, os que teñades máis a man. Xogades, improvisades, probades cousiñas e cando teñades a idea rítmica ensaiades e gravades. 

Nós non tiñamos moita cousa por aquí, só un par de palas de velcro, os tenis e un abanico de tai chi. Todos eles idiófonos máis a pelota, que sabemos que é un membranófono. 


xoves, 21 de maio de 2020

Natalia musiquea

Natalia, de 3ºB, tamén musiquea na casa. Faino tocando as piñas, cunchas e culleres.

Mirade!!!

Os instrumentos. Electrófonos

A familia dos electrófonos foi a última en entrar a esta clasificación de instrumentos pensada por Erich von Hornbostel e Curt Sachs, dous musicólogos de Austria e Alemaña. Isto sucedeu en 1940, aínda que algúns deles apareceron moito antes, a finais do século XIX.

Existen dous tipos:

Os electromecánicos, onde a vibración se produce mecánicamente (ou sexa que de base son idiófonos, membranófonos, aerófonos ou cordófonos) aínda que se modifique electrónicamente o seu son. Tal é o caso, por exemplo, do baixo ou a guitarra eléctrica: son cordófonos, pero se non os enchufamos non soan, porque non teñen caixa de resonancia ou porque a intensidade que se pretende non se consegue sen amplificar. Precisan da electricidade para soar. 

Nos electrónicos, o propio son é resultado dun proceso electrónico. Como no THEREMIN, lembrades?


mércores, 20 de maio de 2020

Os instrumentos. Cordófonos III

Dos cordófonos que adoitan ser percutidos, o PIANO é o máis coñecido. Cada vez que tocamos unha tecla actívase un mecanismo cun martelo que percute a corda. Aquí vese ben:




O clavicordio, o címbalo húngaro, o santur, o dulcémele ou o salterio tamén se percuten.



No baixo eléctrico utilízase unha técnica chamada SLAP na que se percute a corda co dedo polgar.




E o berimbau do Brasil, un dos meus preferidos, é descendente do arco musical, probablemente o cordófono máis antigo da historia.

martes, 19 de maio de 2020

Os instrumentos. Cordófonos II

Entre os cordófonos que adoitan ser pulsados atopamos a guitarra, o ukulele, o charango, a arpa, os da familia da corda na orquestra (violín, viola, violoncello e contrabaixo) cando fan pizzicato beliscando a corda, o laúde, o banjo, a cítara, a kora africana, a mandolina, o guitarrón, etc.

Hai algúns que contan con cordas "simpáticas". Lembrades a vibración por simpatía que experimentamos o ano pasado na aula?
Pois así, estes instrumentos teñen cordas que non fai falla tocar, resoan cando algunha outra corda vibra coma elas.

Algunhas zanfonas que constrúe Carlos do Viso teñen esas cordas simpáticas.

Pero sen dúbida o instrumento máis coñecido con cordas simpáticas é o sitar da India. Ten os trastes (como os da guitarra) suspendidos en vez de pegados ao mastro, entón se se presiona conséguese estirar a corda e obter os glissandi caraterísticos deste instrumento.



Outro antigo cordófono pulsado é a espineta, na que as cordas son pulsadas cuns plectros accionados por medio dun teclado.



E lembrades a valiha de Madagascar? A da viaxe da folliña seca...



LEMBRADE QUE AS PALABRAS EN AZUL TEÑEN HIPERLIGAZÓNS, E SE PREMEDES NELAS ATOPAREDES MÁIS INFORMACIÓN.

luns, 18 de maio de 2020

Os instrumentos. Cordófonos I

Os cordófonos son instrumentos ou obxectos nos que o son se produce ao facer vibrar unha corda tensa. É moi importante que estea tensa.

Para facer vibrar unha corda podemos facer diferentes cousas: pulsala co dedo, unlla ou plectro; fretala cun arco ou diferentes obxectos; e percutila.

Aínda que hai cordófonos que se consideran únicamente fretados (como o violín), pulsados (como a guitarra) ou percutidos (como o piano), sabemos (porque xa o probamos na aula de música), que as cordas do violín tamén se  poden percutir ou pulsar; que as da guitarra tamén podemos percutilas ou fretalas; e que as do piano tamén poden -se abrimos a tapa e accedemos a elas- ser fretadas ou pulsadas.

A zanfona é un instrumento no que unha roda freta as cordas en lugar dun arco, co cal se consegue un son contínuo (o arco pode ir para arriba ou para abaixo pero cando se acaba o seu percorrido ten que cambiar de sentido e o son córtase). Neste instrumento hai cordas "cantantes", que son as que fan a melodía; e bordóns, que soan sempre igual (como o ronco da gaita). Para cambiar a altura das cordas cantantes, unhas espadelas pisan estas cordas como fan os dedos no mastro da guitarra, só que na zanfona son accionadas a través dun teclado.

Aquí tedes a Luis Correa explicando, tocando e cantando.



E aquí o programa Alalá sobre Carlos Do Viso, artesán, músico.... e pai da nosa Carme de 5ºA, tamén zanfonista!!!!


Xuntos forman o grupo SOBRE RODAS

Inés e Marcos musiquean na casa

Seguimos musiqueando dende a casiña.

Aquí Inés danza coma os flamengos.





E aquí Marcos cántanos O cravo e a rosa



BRAV@S!!!!!!

A fala

Non mirara isto!!!!

Entereime hoxe falando con Xandre.

Neste vídeo aparece xente moi querida....

Entre elas Xandre, Kira, Mauro, Román, Tatán e Andrés de Tanxarina, Blanqui, Areta....

Grazas Uxía por este agasallo.


domingo, 17 de maio de 2020

Feliz Día das Letras galegas!!!

Que gocedes esta versión musicalizada de "Maria Silêncio", de Ricardo Carvalho Calero, tanto coma min.

🤍💙🤍

venres, 15 de maio de 2020

Os intrumentos. Membranófonos

A estas alturas xa saberedes que os membranófonos son instrumentos ou obxectos nos que o son se produce pola vibración dunha membrana.

Temos na aula de música unha chea deles: pandeiretas, pandeiros, timbais, tambor, bombo....mesmo temos timbaliños feitos por nós.

LEMBRADES?

E tamén utilizamos ás veces o TUBO DE TRONOS, o TAMBOR CHAMÁNICO, a CAJA CHAYERA e fixemos timbais de globo: "GLOBÓFONOS".

Este ano decatámonos de que todos os BALÓNS que levan aire dentro e non son ríxidos, funcionan como membranófonos se os golpeamos ou percutimos...

Hainos de marco, como a pandeireta e o pandeiro; con caixa de resonancia, como os timbais, o tambor e o bombo; cunha membrana (timbais) ou dúas (todos os tambores -menos o chamánico que é en realidade un pandeiro a pesar do seu nome).

E pódense percutir, rascar, soprar, sacudir no caso do tubo de tronos.....


No caso da CUICA (Brasil) e da ZAMBOMBA (península Ibérica) frétase un pau atado á membrana. A vibración do pau transmítese á membrana, e a altura do son modifícase estirando ou soltando a membrana coa man que queda libre. A única diferenza é que na CUICA o pau vai dentro da caixa e non se ve, e na ZAMBOMBA vai fóra.




Mesmo este experimento que fixeramos o ano pasado na aula de música utiliza un membranónofo que vibra por simpatía. Lembrades?


xoves, 14 de maio de 2020

Os instrumentos. Idiófonos

Os IDIÓFONOS (idio: propio, persoal, particular; fono: que soa) son todos aqueles instrumentos nos que o que vibra é o seu propio corpo.

É un grupo moi extenso, e temos moitos destes na aula e no cotián. Piñas, cunchas, culleres, pratos, crótalos, ferriños e ferriñas das pandeiretas, cabazas, maracas, paus, caixas chinesas, cuenco tibetano, tingshas, gong.... e un longo etc.

Podemos agrupalos polo material (metal, madeira, pedra, plástico, vidro, etc.) e tamén polo modo de acción sobre el (rascar, rozar, percutir, entrechocar, sacudir...)

Aproveitando que falamos deles, vouvos compartir unha cantiga preciosa acompañada deste instrumento que se parece moito aos nosos mecanismos de caixiña de música da aula. É Germán Díaz, outro virtuoso, musicando un texto de Paula Carballeira.



Tamén este LITÓFONO prehistórico,  instrumento de placa da prehistoria. (lito quere dicir pedra, e fono xa sabemos)

Falando de aire que soa....

Mirade este vídeo incrible onde investigador@s comproban a diferenza de son entre unha pomba, unha águia e un bufo branco cando voan.

É alucinante!!!


mércores, 13 de maio de 2020

A voz tamén é un instrumento

Aínda que nos custa tela en conta cando pensamos en instrumentos, o certo é que a voz é o primeiro instrumento musical. Poñémola a funcionar no propio momento de nacer e acompáñanos durante toda a vida, a menos que teñamos algún problema físico ou psicolóxico e non dispoñamos dela.

Este era o instrumento FUNDAMENTAL que faltaba por mencionar en Illas de sal.

Mirade como funciona:

 

Aquí tedes a BOBBY McFERRIN, un virtuoso deste instrumento. El válese tamén do seu corpo como instrumento de percusión. Lembrade que a famosa

Don't Worry Be Happy,

que aparece na nosa primeira entrada do blog, non ten ningún outro instrumento ademáis da súa voz e o seu corpo.



Tamén vos deixo un vídeo do grupo cubano VOCAL SAMPLING
Como anécdota, podo contarvos que a primeira vez que os vin en Vigo cheguei moi cedo, aínda estaban na proba de son, e eu escoitaba soar un prato de batería, pero alí non había ningunha batería...

Probade a escoitar pechando os ollos....



E aquí tedes o TRÍO ESPERANÇA, de Brasil.

martes, 12 de maio de 2020

Os instrumentos. Aerófonos.

Gústanos pensar que todo obxecto é potencialmente un instrumento, ou varios nun mesmo corpo ás veces. Depende do que fagamos con el e como o fagamos soar.
Por iso é que nos gusta tamén a clasificación que pon a atención sobre cal é o material vibrante de cada obxecto, o que produce o son en definitiva. Nesta clasificación caben todos, os instrumentos propiamente ditos e tamén calquera obxecto que sexa quen de producir son.

AERÓFONOS

Os aerófonos (aero: aire; fonos: que soa), son todos aqueles instrumentos e obxectos nos que o son é produto do aire vibrando.

Neste grupo están os de bisel: todas as frautas (tamén as de pan e o chifro), as botellas se as sopramos, case todos os reclamos de paxaros que temos na aula, as tapas de bolis, a propia ventá se a deixamos un pouquiño aberta e hai vento fóra.....

O que ocorre neles é que o aire se rompe nese bisel, nese borde afiado, e ao romperse produce son.

Aquí tedes os da península




Aquí unha "tarkeada", un conxunto de tarkas, instrumento andino.




Tamén están os aerófonos de lingüeta: o clarinete, saxofón, óboe, acordeón, harmónica, a gaita, as bucinas, moitos xoguetes dos que se apretan, as pallas de centeo....
Hainos de lingüeta simple ou dobre, e o funcionamento consiste en facer vibrar esas lingüetas co aire (ás veces soprando, outras apretando un fol -como na gaita, nos xoguetes e no acordeón), e á súa vez, a vibración das lingüetas é a que fai vibrar o aire contido nunha columna ou tubo.



Por último, están os aerófonos de boquilla.

Trompeta, trombón, tuba, trompa, cornos de boi, buguinas de cuncha, didgeridoo, calquera tubo no que os nosos beizos vibran.

Ese é o funcionamento nos de boquilla, os nosos beizos facendo "pedorretas" son os que fan vibrar a columna de aire.



Se premedes AQUÍ, tedes todos os aerófonos da nosa terra. Tamén no cadro que aparece na columna da dereita na versión web deste blog, chamado INSTRUMENTOS GALEGOS.

Escoitando Illas de sal

Olaaaaa! O venres propúxenvos dicir que instrumentos escoitabades en Illas de sal, de Xabier Díaz & Adufeiras do salitre.

Escoitastes moi ben!!! E descubristes acordeón, violíns e pandeiretas. Non hai frauta, nin saxo, nin cunchas, nin castañolas, nin culleres...

Pode que haxa un bombo camuflado, iso si.

Aínda así, falta que mencionedes un dos instrumentos FUNDAMENTAIS da peza. Neste caso aparece en dúas variantes.

Escoitade ben!!! Tedes ata maña para decatarvos, porque escoitalo o escoitastes seguro!

Maña desvélovos a resposta.

Por certo, o vídeo, que é chulísimo igual que a cantiga, está gravado en Carnota, co monte Pindo bailando coa nena.


luns, 11 de maio de 2020

A danza dos flamengos. Proposta para toda a familia de Reboreda.

Investigadores franceses estudaron as exhibicións rituais de 3.000 flamengos de entre 4 e 35 anos de idade durante dúas épocas de cría consecutivas, en 2014 e 2015. Observaron que canto máis complexa é a súa danza, máis probabilidades teñen de atopar parella e descendencia ese ano.

A danza dos flamengos comúns ten nove pasos. Os animais adoitan executar entre dous e oito posturas distintas cada cinco minutos, e de dúas a dezasete transicións. Algunhas destas posicións permítenlles exhibir as cores da plumaxe das súas as: vermello e negro. A cor carmesí provén de sustancias que inxiren na súa dieta, e polo tanto revela o seu estado físico actual, mentres que o negro é indicativo da súa calidade xenética.





Ben, pois aquí vai a PROPOSTA:

Ides elixir unha música instumental (sen letra) que vos guste, ides pensar en OITO movementos diferentes que repetiredes OITO veces cada un, pasando ao seguinte. Se se vos acaban os "pasos" ou movementos antes que a peza, volvedes comezar tantas veces como faga falla. Podedes crear un movemento só para o final, unha especie de coda.
Sería xenial que participase toda a familia!!!

A partitura da vosa danza quedaría así, máis ou menos:

𝄆○○○○○○○○ ◈◈◈◈◈◈◈◈ ◍◍◍◍◍◍◍◍ ▧▧▧▧▧▧▧▧
◎◎◎◎◎◎◎◎ ◬◬◬◬◬◬◬◬ ⬟⬟⬟⬟⬟⬟⬟⬟ ⬖⬖⬖⬖⬖⬖⬖⬖ 𝄇    (coda final optativa)


AQUÍ tedes a ligazón ao artigo sobre os flamengos.

A CREAR!!!

venres, 8 de maio de 2020

Boa finde!!!

Déixovos tres cantigas que me chegaron hoxe. Paga a pena escoitar as letras e reflexionar.
Nas dúas primeiras, os beneficios están dedicados a causas relacionadas co COVID-19-




E ademáis poderíadesme dicir que instrumentos escoitades en Illas de sal?

Boa finde!!!
Gozade dos paseos e coidádevos moito!!!

Andrea e Diego tamén musiquean na casa.

E así o comparten con nós. Mirade que ben o fan.

Andrea xa colleu o ritmo das panaderas.




Tamén practicou coas piñas


E viaxou coa frauta nun bote de vela


Diego tocou "La flor de la Cantuta" e conseguiu que a frauta non lle caese ao río, como lle pasou ao pastor


Por iso puido chegar a Marín

Comentarios

Bo día!!!

Xa están publicados os comentarios de Novas paisaxes sonoras.

Ángela, Vicent, Jaume, Mauro e Antón: contádenos toda a verdade porfa!!!!

Lembrade que nos blogs os vosos comentarios non se ven publicados ata que quen administra o permite. Non vos asustedes se comentades e non o vedes publicado.

Bo venres!

xoves, 7 de maio de 2020

Concerto matutino na Poza de Casal

Uxía, a nosa coidadora, gozou onte dun concerto en exclusiva para ela. Foi na Poza de Casal.

Temos vídeo!!!




E a foto das intérpretes. A ver se as atopades, porque son expertas en camuflaxe.


Catro paisaxes novas

Ola!

Xa están publicados os comentarios de Máis paisaxes sonoras, falta que @s don@s das pistas nos confirmen.

E aquí van catro máis!!! Os comentarios publicareinos o luns.

Estou pensando que ben podíamos xuntalas todas para crear A SINFONÍA DO CONFINAMENTO. Valeríanos para relaxarnos, estudar, viaxar sen movernos do sitio....

A de Diego T., de 6ºB.




A de Lara, de 1º.




A de Iván, de 3ºA.



E a de Sandra, de 6ºA


BOA ESCOITA!!!

mércores, 6 de maio de 2020

As sobreiras

Onte Mauro, de 6ºA, compartiu un anaquiño do seu paseo, ao carón dunha sobreira.



Fíxome lembrar dunha cantiga que cantaba no Coro Cantares de Brión, con música de Luís Correa e letra del mesmo coa colaboración do seu irmán, Manolo Pipas.

No retrouso:

NON TE QUERO LONXE, VEN PRA MIÑA BEIRA
ESTAREMOS XUNTOS AO PÉ DA SOBREIRA

fainos pensar en todas aquelas persoas ás que hai case dous meses que non vemos.

E logo nas coplas fala desta árbore, tan noble, tan nosa e que tantos servizos nos presta.

Podedes aprendela!!!



SOBREIRAS
Luis Correa, Manolo Pipas


NON TE QUERO LONXE, VEN PRA MIÑA BEIRA
ESTAREMOS XUNTOS AO PÉ DA SOBREIRA

SOBREIRIÑA DESTA TERRA
TESTEMUÑA ES DA VIDA
DO PASADO E DO FUTURO,
DE PESARES E ALEGRÍAS

EN CALLOBRE OU HERBÓN
NA PENEDA OU NA SALETA
DENDE O FARO AO ARNEGO
CAMPAS TI CON GRAN BELEZA

TEMOS NO BARRIO DE COIA
SOLITARIA UNHA SOBREIRA
ENTRE CARROS E EDIFICIOS
BOTA EN FALTA AS COMPAÑEIRAS

MIL TRABALLOS DA CORTIZA
ARRINCADA DAS SOBREIRAS
PARA O VIÑO, PARA O MEL
PARA AS GAITAS DESTA TERRA


martes, 5 de maio de 2020

Novas paisaxes sonoras

Achegáronnos as súas paisaxes a familia Llobet Hernández (Ángela, Jaume e Vicent)





Mauro de 6ºA





E Antón, de 5ºA, achegounos dúas!!!






A ver que escoitades aquí.
O venres publico todos os comentarios, incluídos os dos donos das gravacións.
Boa escoita!

luns, 4 de maio de 2020

Máis paisaxes sonoras

Olaaaaaa!!!

Lembrade que esta proposta ten varias partes:
  • achegar as vosas paisaxes
  • escoitar as paisaxes d@s compañeir@s e descubrir lugar, momento do día, obxectos.... e comentalo no blog.
  • ao terceiro día de publicada unha paisaxe, @s don@s da paisaxe sacádenos de dúbidas nun comentario, porfa!!!!
Eu estou intrigadísima con algunhas delas!

Aquí van novas. Gardarei os comentarios e os publicarei todos xuntos o xoves.

Boa escoita!!!!!

A paisaxe de Yago O. de 6ºB





A Paisaxe de Estela de 3ºA




A paisaxe de Miguel M. de 6ºB


domingo, 3 de maio de 2020

E chegou maio...

"Este mes de maio é o mes das flores,
cando os paxariños deixan ver os seus amores"

Os nosos MAIOS son herdeiros de tradicións ancestrais. O propio nome do mes de maio ten a súa orixe nas deusas Maia (grega) e Bona Dea (romana).

E hai quen di que a nosa tradición dos maios ven da festa Beltaine celta, que quere dicir bo lume, e que celebraba a volta ao pastoreo.

Diversas culturas na historia asociaron o mes de maio (no hemisferio norte, no sur é en outubro) con deusas, coa nai, co renacemento da natureza, co agromar da nai terra.

Benvido maio! Parabéns Maias, Bonas Deas, nai terra, nais todas!

E así o celebraron Lara e Diego dende casa, aínda que me contou un paxaro que chegaron a moitas outras casas a través da televisión.

Noraboa a vós tamén!