Amosando publicacións coa etiqueta as nosas cancións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta as nosas cancións. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de maio de 2020

Inés e Marcos musiquean na casa

Seguimos musiqueando dende a casiña.

Aquí Inés danza coma os flamengos.





E aquí Marcos cántanos O cravo e a rosa



BRAV@S!!!!!!

venres, 8 de maio de 2020

Andrea e Diego tamén musiquean na casa.

E así o comparten con nós. Mirade que ben o fan.

Andrea xa colleu o ritmo das panaderas.




Tamén practicou coas piñas


E viaxou coa frauta nun bote de vela


Diego tocou "La flor de la Cantuta" e conseguiu que a frauta non lle caese ao río, como lle pasou ao pastor


Por iso puido chegar a Marín

sábado, 25 de abril de 2020

25 de abril 🌹

Gústanos a Revolução dos cravos.
Gústanos porque empezou cunha canción soando na radio para sincronizar a saída á rúa da xente do pobo: GRÂNDOLA, VILA MORENA, de José Afonso.
E gústanos porque en lugar de balas había carabeis.

Hai cinco anos fixemos un biblioconcerto no que cantamos todas as cancións que sabiamos en Portugués e tamén fixemos carabeis vermellos de papel. Xusto @s máis pequen@s deste vídeo son @s maiores deste curso.







mércores, 22 de abril de 2020

Percusión miúda galega. Piñas, culleres e cunchas.

A nosa percusión é moi variada, moi diversa e conta, entre outros obxectos, coas piñas (se colledes no monte que non sexan máis de dúas), as culleres que tod@s temos na casa, e as cunchas de vieira, que non son difíciles de conseguir. As piñas e as cunchas son instrumentos cos que nos agasalla a nai natureza, e as culleres de madeira, malia que hai que darlles forma, tamén!

As tres son idiófonos, é dicir: o elemento vibrante é todo o corpo do instrumento.

Imos lembrar un pouco como é a técnica básica para poder acompañar as nosas cancións.







Xa fun a Marín. 4º, 5º e 6º

O outro día Román fíxome lembrar esta peza, unha das primeiras que aprendín coa gaita.
É bonita, é sinxela, sábea todo o mundo....

A CANTAR!!!

O retrouso podédelo cantar tamén coa letra de Román:

Xa fun a Marín,
as pernas che vin,
por un buratiño
que tes no mandil.

E as coplas poden ser calquera, mentres teñan catro versos de 8 sílabas e lle poñades un Ai! diante de cada verso. Mesmo podedes inventalas!!!

Podedes acompañala co xogo de mans de Román, co ritmo das panadeiras, coas piñas, coas culleres...



Así que tedes traballo!!!

4ºA e 4ºB poden aprender o retrouso:



5ºA e 5ºB poden aprender a copla tamén, ademais do retrouso.




E 6ºA e 6ºB pódena aprender enteira na súa voz, na oitava. Lembrade destapar medio buratiño do polgar da man esquerda!!!




Déixovos tamén as partituras.
































































MANDADE VÍDEOS!!!
musisabel2@gmail.com


MOITOS BICOSSSSS 

luns, 20 de abril de 2020

Román e Teo musiquean coas mans

Tanto Román como Teo teñen a sorte inmensa de pasar estes días na casa coas súas irmás e así poder compartir xogos, cariño e MÚSICA!!!

Román e Omara cantan o retrouso de Xa fun a Marín facendo un xogo de mans moi chulo, que podedes aprender e practicar na casa!


E Teo e Alba (botámoste de menos este ano no cole 😢) cantan A casa -de Vinicius de Moraes- acompañándoa co ritmo das panaderas. MOITAS GRAZAS POR COMPARTIRVOS!!! GÚSTANOS VERVOS, AÍNDA QUE SEXA NUNHA PANTALLA!!!
 ❤️

xoves, 16 de abril de 2020

O ritmo das “panaderas”

Olaaaaaa!!!

Hoxe temos traballo. Para toda a familia de Reboreda!
Xa veredes o adictivo que é este acompañamento...


Déixovos tamén esta cantiga que aprendín co meu querido grupo Amalghama, onde compartimos música, alegría e cariño.
É a Pandeirada de Brión e as coplas falan da intelixencia de todo o que nos rodea, por moi pequeno ou insignificante que pareza. E no retrouso fala do amor nun sentido amplo, onde cabe todo iso do que falaba antes...



venres, 3 de abril de 2020

Musiqueando regatos

Onte pensaba na letra do Regatiño. Parece unha inocente cantiga pero canta sabedoría garda!!!
Ese regatiño -coma milleiros  doutros- sabe perfectamente que aínda que agora é un regato individual o seu destino é a imensidade do mar, onde todos os regatiños e ríos conflúen na mesma grandeza.

Este é o regatiño do meu lugar.


E estes os regatiños de Hugo e Antón. Noraboa!!!!


luns, 30 de marzo de 2020

Así musiqueamos dende casa...

Dende a casiña, entre raíñas patacas, carabeis, rosas, cantutas, lagartos e lagartiñas....
ímola levando o mellor que podemos. 

Grazassssss Román, Óscar, Iván, Sara e Sandra por compartir esa alegría!!!!

E grazas familias por estar aí. 🙏🏼




venres, 27 de marzo de 2020

Atención 6º, 5º... e quen queira!!!

Ola!!!
Está sendo ben raro ensinar cancións a unha cámara!!!

Porfa mandádeme vídeos, audios... o que queirades a:
musisabel2@gmail.com

Imos con este CALIPSO!!!

É un canon a tres voces con percusión corporal.


  1. Se é que estás buscando un Calipso, isto tes que facer:
  2. Colle un ritmo e méteo no corpo, móvete que móvete que móvete que móvete
  3. Canta unha canción, toca o teu tambor fai o Calipso nacer
Aquí vai a percusión corporal


Aquí tedes a canción:

E aquí déixovos vídeo de como o fixemos co coro Cantares do Brión nun encontro ben bonito, de cando aínda podíamos xuntarnos a cantar, a facer música...

Atención 5ºA, 5ºB...e calquera q se anime!!!

Aquí vai un canon: REGATIÑO PRA ONDE VAS?

Xa sabedes como vai isto. Primeiro tedes que xuntar  a toda a familia. Unha vez xunta, aprendedes a canción, que para iso vola vou cantar en eco....

REGATIÑO PRA ONDE VAS?
VOU CORRENDO CARA AO RÍO

É O RÍO QUE ME LEVA
ATA O ANCHO MAR

Unha vez que a saibades ben toca dividirse en dous grupos.
O primeiro grupo empeza a cantar a canción, canta 1º e 2º verso

REGATIÑO PRA ONDE VAS?
VOU CORRENDO CARA AO RÍO

e cando vai cantar o terceiro verso é cando o 2º grupo empeza polo principio..

E así ata que vos aburrades...


Ademáis, 5ºA e 5ºB tedes traballiño coa frauta.

Para tocar esta canción tedes que aprender unha nota nova. O SI BEMOL: SIb

Se tedes a sorte de ter outr@ instrumentista na casa, podedes aproveitar para tocala en canon tamén.

E se me queredes mandar vídeo, estupendo!!!!

Ánimo!!!!


martes, 24 de marzo de 2020

Olaaaa!!! Hai alguén aí???

Non sei nada de vós... contádeme como estades!!!

A pesar de que estamos dentro da casa, fóra as flores multiplícanse, aparecen bolboretas, o sol é máis forte e a vida AGROMA, como lle pasou á "REINA BATATA", un boniato a punto de ser cociñado que, desafiando o seu destino, converteuse nunha...

Aquí vai a cantiga. Gravámola con Ailén (a Bertha María de Áureas) e a nosa gata Kira.

luns, 23 de marzo de 2020

Atención 3º!!! A POMBINHA BRANCA

Olaaaaaa!!!
Estades ben??? 

Déixovos unha cantiga de roda do Brasil para que a aprendades.
Podedes xogar á roda do seguinte xeito:
Facedes unha roda que xira en sentido anti horario e a "pombinha" queda dentro, moi pegada á roda camiñando en sentido contrario (horario). Cando a letra di: "pasou un moço", a roda e a pombinha paran, e a persoa que queda frente á pombinha convértese nese moço que pasa ao centro, senta no chan, fai o xesto de cuspir, a pombinha e o resto da roda respóndenlle "limpa iso porcalhao, tenha máis educaçao". O moço é agora pombinha e a roda volve comezar.


Vagarosa e preguiçosa son a mesma cousa... vaga, preguiceira, lacazá...
Terno branco é un traxe de tres pezas: pantalón, chaqueta e chaleque.


A mover o corpo!!!! 
Se queredes, podedes gravarvos e mandarme o vídeo a: 
musisabel2@gmail.com. 
BEIXIÑOS!!!

Atención 2º!!! O CRAVO E A ROSA

Ola!!!
Como estades????

Déixovos esta cantiga brasileira para que a aprendades. Fala das pelexas, nas que ninguén gaña e tod@s saen feridos...


A tradución ao galego sería así:

O carabel pelexou coa rosa debaixo dun balcón
o carabel saíu ferido e a rosa despedazada.
O carabel quedou doente (enfermo) e a rosa foino visitar
O carabel tivo un desmaio e a rosa púxose a chorar.

Grazas Ailén por acompañarme cantando!!!


Que tal se me mandades unha gravación vosa cantándoa? Encantaríame escoitarvos!!!

musisabel2@gmail.com

Atención 1º!!!

Chegou a primavera e @s xardineir@s están máis felices que nunca porque...


Esta era unha das miñas cancións favoritas cando tiña 7 anos. A súa compositora, María Elena Walsh, é arxentina, por iso ten algunha palabra que non entendemos.
Yuyos: herbas medicinais


Grazas Ailén por axudarme con esa voz tan marabillosa!!!

Chegou a primavera!!!!

Siiiii, só fai falla que vos asomedes á xanela!

Vouvos propoñer que convirtades o voso salón nun xardín, ou podedes facelo no propio xardín se o tedes...
Xuntade a toda a familia, e percorrede ese xardín cheirando flores, collendo unha bolboreta...
Ata que a canción diga "teu.....pon aquí, comigo baila así". Nese momento tedes que bailar con alguén con esa parte do corpo en contacto. Lembrade que é unha danza solemne.
Gravádevos e mandádeme o vídeo a:

musisabel2@gmail.com

Agardo polos vosos vídeos.

Bicosssss.

Aquí está a canción. Acompáñame Ailén (a Bertha María de Áureas). Nós non bailamos porque estamos cantando e tocando, que se non...