Amosando publicacións coa etiqueta zoomusicoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta zoomusicoloxía. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de outubro de 2017

Efectos da música nos animais

Outra das cousas das que falamos en clase foi a reacción dos animais cando escoitan música. Caemos na conta de que algunhas veces gústalles e outras non. Por outra banda, como contei coa miña experiencia persoal, ante un mesmo estímulo -a gaita- a cadela viña correndo e o can, pola contra, fuxía.
Hai unha disciplina chamada ZOOMUSICOLOXÍA que se dedica a estudar todo o referido á relación que existe entre animais e música.
Podedes ler sobre isto AQUÍ.
E aquí vos deixo dous exemplos de vacas que SI parecen gostar moito da música. Mirade!!!