Amosando publicacións coa etiqueta acuario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta acuario. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de maio de 2019

Carreira de papeliños sobre cordas resonantes

Esta carreira que fixemos tamén ten que ver coa RESONANCIA ou VIBRACIÓN POR SIMPATÍA.

Só precisamos poñer un papeliño sobre cada unha das 4 cordas máis graves da guitarra (MI, LA, RE, SOL), apoiar esta sobre un xilófono baixo sen tapar as placas análogas e VOILÁ!!!

Catro persoas, cadansúa baqueta, percuten as mesmas notas no xilófono baixo. As cordas resonantes comezan a vibrar por simpatía...

E OS PAPELIÑOS A VIAXAR CORDA ARRIBA!!!

MOI DIVERTIDO!!!

domingo, 5 de novembro de 2017

IMPROVISA

Proba improvisar con esta combinación das animacións sonoras do IMPROVISA.
As ilustracións pertencen ao Acuario Xaponés de Cristina Casanova. E os sons, tamén editados por ela,  ao álbum "Hapiness is stupid".
Preme na imaxe, agarda a que se carguen os arquivos....e a crear co teclado do ordenador!!!
http://www.improvisa.cat/improvisacio.php?acuario_japon_s_+_happiness_is_stupid_mejor_album_nacional_del_a_o_1996&239s68

Atoparás moitas outras combinacións se vas ao botón de IMPROVISA que está na columna da dereita.

http://www.improvisa.cat/