A FÍSICA é a ciencia que estuda as propiedades da MATERIA e a ENERXÍA.
A MÚSICA faise con SONS.
E o SON é o resultado da vibración da MATERIA,
poidamos escoitala ou non (sabemos que o oído humano non percibe os infrasons nin os ultrasons, temos un espectro audible que vai máis ou menos dende os 20 Hz aos 20 KHz).
A rama da FÍSICA que estuda todo o relacionado co SON chámase FÍSICA ACÚSTICA.