Investigadores franceses estudaron as exhibicións rituais de
3.000 flamengos de entre 4 e 35 anos de idade durante dúas épocas de cría
consecutivas, en 2014 e 2015. Observaron que canto máis
complexa é a súa danza, máis probabilidades teñen de atopar parella e descendencia ese ano.
A danza dos flamengos comúns ten nove
pasos. Os animais adoitan executar entre dous e oito posturas distintas
cada cinco minutos, e de dúas a dezasete transicións. Algunhas destas
posicións permítenlles exhibir as cores da plumaxe das súas as: vermello e negro. A cor carmesí provén de sustancias que inxiren na súa
dieta, e polo tanto revela o seu estado físico actual, mentres que o
negro é indicativo da súa calidade xenética.
Ben, pois aquí vai a PROPOSTA:
Ides elixir unha música instumental (sen letra) que vos guste, ides pensar en OITO movementos diferentes que repetiredes OITO veces cada un, pasando ao seguinte. Se se vos acaban os "pasos" ou movementos antes que a peza, volvedes comezar tantas veces como faga falla. Podedes crear un movemento só para o final, unha especie de coda.
Sería xenial que participase toda a familia!!!
A partitura da vosa danza quedaría así, máis ou menos:
𝄆○○○○○○○○ ◈◈◈◈◈◈◈◈ ◍◍◍◍◍◍◍◍ ▧▧▧▧▧▧▧▧
◎◎◎◎◎◎◎◎ ◬◬◬◬◬◬◬◬ ⬟⬟⬟⬟⬟⬟⬟⬟ ⬖⬖⬖⬖⬖⬖⬖⬖ 𝄇 (coda final optativa)
AQUÍ tedes a ligazón ao artigo sobre os flamengos.
A CREAR!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario