Olaaaa!!!
Vouvos propoñer un xogo.
Agora que xa podedes saír a dar un paseo, vouvos pedir que gravedes (pode ser coa tablet, coa gravadora de voz do móbil...) unha paisaxe sonora de dentro ou fóra da casa, nun momento concreto do día, nun espazo concreto tamén... O resto imos ter que descubrir de que espazo se trata, que momento do día... e todos os elementos sonoros que alí aparecen.
Hai que afinar moito a orella...
Podedes mandarme o audio a musisabel2@gmail.com e eu subireino aquí. Non me contedes NADA, que eu tamén quero xogar.
E o resto imos dicir o que nos parece a través de comentarios. Agardarei tres días para publicalos todos xuntos.
Aquí van dúas pistas miñas para comezar.
Eu penso que e a iglexia a as oito porque e cando soan as campás e tamen escoitei choiva
ResponderEliminarDe Andrea 4ºA
Ahhh!Son las diez de la mañana porque los pájaros no cantan a la noche y además hay 10 campanadas🤔
ResponderEliminarPois si, Andrea!
ResponderEliminarNa 1ª pista son as dez da mañá, están a cantar os paxaros, escóitase o zunido de algún insecto, mesmo algún can ouvea ao lonxe, e escóitanse dez badaladas que veñen da igrexa (que aínda que o poida parecer non está preto da miña casa).
Na 2ª pista é de noite. Escóitanse os grilos, o piar dun moucho ao lonxe e está chuviscando.
Moi ben!!!