mércores, 22 de abril de 2020

Xa fun a Marín. 4º, 5º e 6º

O outro día Román fíxome lembrar esta peza, unha das primeiras que aprendín coa gaita.
É bonita, é sinxela, sábea todo o mundo....

A CANTAR!!!

O retrouso podédelo cantar tamén coa letra de Román:

Xa fun a Marín,
as pernas che vin,
por un buratiño
que tes no mandil.

E as coplas poden ser calquera, mentres teñan catro versos de 8 sílabas e lle poñades un Ai! diante de cada verso. Mesmo podedes inventalas!!!

Podedes acompañala co xogo de mans de Román, co ritmo das panadeiras, coas piñas, coas culleres...



Así que tedes traballo!!!

4ºA e 4ºB poden aprender o retrouso:



5ºA e 5ºB poden aprender a copla tamén, ademais do retrouso.




E 6ºA e 6ºB pódena aprender enteira na súa voz, na oitava. Lembrade destapar medio buratiño do polgar da man esquerda!!!




Déixovos tamén as partituras.
































































MANDADE VÍDEOS!!!
musisabel2@gmail.com


MOITOS BICOSSSSS 

luns, 20 de abril de 2020

Román e Teo musiquean coas mans

Tanto Román como Teo teñen a sorte inmensa de pasar estes días na casa coas súas irmás e así poder compartir xogos, cariño e MÚSICA!!!

Román e Omara cantan o retrouso de Xa fun a Marín facendo un xogo de mans moi chulo, que podedes aprender e practicar na casa!


E Teo e Alba (botámoste de menos este ano no cole 😢) cantan A casa -de Vinicius de Moraes- acompañándoa co ritmo das panaderas. MOITAS GRAZAS POR COMPARTIRVOS!!! GÚSTANOS VERVOS, AÍNDA QUE SEXA NUNHA PANTALLA!!!
 ❤️

xoves, 16 de abril de 2020

O ritmo das “panaderas”

Olaaaaaa!!!

Hoxe temos traballo. Para toda a familia de Reboreda!
Xa veredes o adictivo que é este acompañamento...


Déixovos tamén esta cantiga que aprendín co meu querido grupo Amalghama, onde compartimos música, alegría e cariño.
É a Pandeirada de Brión e as coplas falan da intelixencia de todo o que nos rodea, por moi pequeno ou insignificante que pareza. E no retrouso fala do amor nun sentido amplo, onde cabe todo iso do que falaba antes...



mércores, 15 de abril de 2020

Seguimos musiqueando na casa

Nuno tocou o Regatiño e tivo a sorte de que seu pai o acompañase co uku!!!! Grazas por compartir ese momento con nós!!!

Basta xa!!!

Marabillosos Ual-la!!!
Esta vez cunha mensaxe moi interesante...
Espero que vos guste tanto como a min.

E lembrade: non vos quededes no reflexo. Sede ecos do voso SER.

UNHA APERTA!!!


martes, 14 de abril de 2020

Somos ondas do mesmo mar...

O rapeiro PRINCE EA déixanos unha mensaxe de ánimo e esperanza na súa peza F VIRUS.





A ÚNICA VACUNA PARA ESTE F VIRUS E PARA CALQUERA OUTRO
É O AMOR

Para subir a enerxía!!!

Hai moito tempo faláramos no blog de que a música e a danza son coma irmás xemelgas, non podemos dicir cal naceu primeiro.

Cada cultura danza ao seu xeito, coma unha maneira de comunicaciónn cara dentro ou cara fóra, e con funcións ben diferentes.

Premendo AQUÍ atoparedes esa publicación con vídeos ben chulos!

Así é que en África á danza pon toda a súa forza nos pés e na conexión coa terra. É unha danza moi enerxizante.

Probade!!!

Aquí tedes unha clase en vídeo:


E aquí un vídeo dunha danza zulú.

luns, 13 de abril de 2020

A tenrura

Escoitade, bailade, acompañade con pequena percusión.... Gozade desta SYMPHONIE CONFINÉE


Aquí tedes a ligazón a YouTube, onde aparece cos subtítulos. Paga a pena ler a letra!!!

https://youtu.be/rEjvRktXeis

Vai lavar as mans

...por diante e detrás
e queda na casa
pra non contaxiar”

E despois de lavar as mans botade uns puntiños de muiñeira, que esta peza presta!!!


venres, 3 de abril de 2020

Musiqueando regatos

Onte pensaba na letra do Regatiño. Parece unha inocente cantiga pero canta sabedoría garda!!!
Ese regatiño -coma milleiros  doutros- sabe perfectamente que aínda que agora é un regato individual o seu destino é a imensidade do mar, onde todos os regatiños e ríos conflúen na mesma grandeza.

Este é o regatiño do meu lugar.


E estes os regatiños de Hugo e Antón. Noraboa!!!!


Mozart

Queredes saber máis sobre Mozart?

ESCOITADE!!!


Compositores

Un repaso pola historia da música en clave de humor...

E MOI BEN CANTADO!!!


xoves, 2 de abril de 2020

“Cuaderno de bitácora” proposta

Ola!!!!
Vouvos propoñer a toda a familia do cole de Reboreda, dende @s máis pequen@s ata @s máis maiores, unha experiencia co traballo de Alberto Vilas, o noso pianista da contorna.
Elixide unha peza da súa lista ao chou, poñédevos cómod@s ou tumbad@s, pechade os ollos e deixádevos levar imaxinando unha paisaxe.
Logo, ao rematar a peza, collede papel e boli ou ceras e describide nun texto ou debuxo como é esa paisaxe, polo miúdo, sen esquecer nada do que alí aparece.
Se vos presta podedes compartir!!!!

mandádemo a musisabel2@gmail.com

Boa viaxe!!!

A música, arte que cura

Déixovos este artigo moi interesante.


mércores, 1 de abril de 2020

Paxaros cantando ópera

Mirade que músicos temos na natureza!
Neste caso é o dúo “Papageno e Papagena” da ópera A FRAUTA MÁXICA de Mozart.
Que o gocedes tanto coma min!!!


2ºB explora sons

En 2ºB tamén traballamos cos sons de obxectos de deporte.

Ademáis, esperar a estar en 4º para interpretar un baño sonoro é moito esperar. Así que unha mañá, na súa hora de música, @s nen@s de 2ºB regaláronlle @s compañeir@s de 2ºA un baño sonoro “privado”. Foi sobre chuvia, vento, tronos, pinguiñas.... 2ºA recolleu o agasallo e prometeu devolverlle o presente.... Cando volvamos ás aulas.



5 ritmos. A bailar!!!

A miña profe de 5 ritmos, HELENA BARQUILLA, tivo a xenerosidade de compartir estas tres “OLAS” porque como ela di, a música e a danza -e todas as expresións que veñen do corazón- son moi necesarias e beneficiosas nestes momentos.

“Iníciase o movemento suavemente ata chegar a un pico de intensidade para logo descender novamente. Esta progresión axúdanos a conectar nun inicio coa fluidez do noso corpo, logo nos leva a enerxetización. Conforme vai subindo, o ritmo convídanos a soltar o corpo e o control da mente. Despois de soltar hai outra fase que nos conduce a un estado de expansión ata desembocar na quietude, que é como cando a ola se funde no mar”

Como nos talleres do 1º trimestre, lembrades?

Así que podedes xuntarvos toda a familia, quitar os zapatos, apartar un pouco os mobles e darlle ao play.





martes, 31 de marzo de 2020

Seguimos musiqueando na casa!!!

Como non podemos tocar xuntos de verdade, pero si virtualmente...
Grazas Alba, Mauro e Álvaro por compartir o voso traballo.
A seguir coidándonos!!!!

❤️


Renata Flores e o quechua.

Esta adolescente peruana decidiu versionar ritmos de moda utilizando o quechua, consciente da responsabilidade que ten frente á súa lingua, en perigo de desaparecer.
E conseguiu converterse en viral!!!
Escoitade o que nos conta:


Ao mellor podemos coller o seu exemplo.

KULLAIKI!!!

Baño sonoro 6ºA

Xa sabedes como son os baños sonoros...
O grupo intérprete sitúase na contorna da aula de psicomotricidade e as persoas asistentes túmbanse no chan boca arriba, cos ollos pechados e..... a viaxar!!!!

Neste caso 6ºA explorou sons con diferentes obxectos de deporte.
E no baño sonoro houbo de todo!!!! Dende cabalos ata arcos con frecha!