Moitos son os inventos e descubrimentos desta década.
- Póñense en marcha as transformacións herdadas da 2ª revolución industrial.
- Empréganse novas fontes de enerxía: a electricidade e o petróleo.
- Os Estados Unidos de Norteamérica convértense na locomotora da economía mundial.
- Aparece o sistema de crédito para mercar automóbiles, electrodomésticos, teléfonos.
- Grande esplendor da prensa: aparecen revistas especializadas.
- A radio ten especial importancia porque chega a todos os recunchos do planeta e se emprega, entre outras cousas, para facer publicidade.
- Descóbrese a insulina en 1921.
- Primeiro voo dun autoxiro (helicóptero). Juan de la Cierva en España.
- Primeiros xogos olímpicos. En Francia, 1924.
- Nace a televisión en 1926.
- Primeiro voo sobre o Océano Atlántico. Lindbergh en monoplano, 1927.
- Fleming descobre a penicilina en 1928.
Cómpre ter en conta que ás mulleres non lles estaba permitido votar, nin levar pantalóns, nin conducir automóbiles ou bicicletas, nin beber ou fumar en público, nin ir á universidade...
Os movementos feministas reivindican a igualdade de sexos -sobre todo no ámbito familiar-, a ampliación de horizontes laborais e profesionais, a planificación familiar...
Aquí tedes unha listaxe coa data de obtención do voto feminino nos diferentes países:
Déixovos unhas preguntas para que reflexionedes, busquedes información...
Podedes responder facendo un comentario nesta entrada.
- Credes que acadamos a igualdade? En todo o planeta?
- Hai algún estado onde aínda non poidan votar as mulleres?
- Cal foi o último país en permitir o voto feminino?
Ningún comentario:
Publicar un comentario