A propósito dunha inquedanza de Teo e Alán sobre este instrumento que aparece no vídeo de Donosti desta ENTRADA, aproveito para contarvos un pouco del.
O Hang drum é un idiófono de metal no que un mesmo corpo produce sons de diferente altura en diferentes sitios, dependendo do grosor do metal conseguido nel a través de marteladas na construción. Foi creado no ano 1999 por Félix Rohner e Sabina Schärer en Berna, Suiza. E soa así:
Xa a mediados do século XX, en Trinidad e Tobago, illas do Caribe, tiñan orquestras de tambores metálicos utilizando vellos barrís desbotados polo exército dos Estados Unidos na 2ª guerral mundial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario