E aquí vos deixo un vídeo deste cuarteto de mulleres QUARTET NEW GENERATION, que xogan coas frautas coa mesma facilidade coa que falan.
NON VOLO PERDADES!!!
E aquí vos deixo un vídeo deste cuarteto de mulleres QUARTET NEW GENERATION, que xogan coas frautas coa mesma facilidade coa que falan.
NON VOLO PERDADES!!!
A frauta, ese aerófono de bisel con canal de insuflación que nos está a ocupar os cinco minutiños diarios de entrenamento, é moito máis que as nosas frautiñas brancas de plástico.
Ten unha historia moi interesante que xa vos contarei, pero polo de agora déixovos uns vídeos para que vexades a diversidade de instrumentos, tamaños e músicas que fan.
E si, son TODAS FRAUTAS!
Déixovos aquí un pequeno vídeo sobre a clasificación dos instrumentos musicais (para nós todo aquilo capaz de producir son).
En cada "familia" dentro do vídeo podedes picar no seu nome para ampliar a información. Non deixedes de facelo.
Preme na imaxe
Xa na antiga Grecia había unha lista de artes que tiñan cadansúa MUSA. Lembrades? AQUÍ tedes a entrada que fala diso.
No Renacemento (arredor do ano 1300) fórmase outra lista de belas artes:
1º A arquitectura
2º A escultura
3º A pintura
4º A música
5º A literatura e poesía
6º A danza
Mais cara finais do século XIX nace o cine e Ricciotto Canudo -periodista, dramaturgo e crítico de cine-, no seu "Manifesto das sete artes", incorpórao e así lle chama.
O Manifesto foi publicado no 1911 e alí preséntase o cine como unha arte que incorpora, dalgún xeito, a todas as anteriores. Unha arte "en movemento" pero non en tempo real.
Olaaaaaa!
Volvemos abrir esta xaneliña porque este curso ben o merece. Vai ser unha viaxe DE PELÍCULA!!! Quedades convidad@s a asomarvos.
Moi boas!
Este curso foi tan raro que non nos quedou tempo para manter actualizado o blog...
Pero mañá temos un pequeno concerto en directo co grupo de 1ºB ao que quedades convidad@s dende aquí, xa que non terán a oportunidade de contar con público en directo.
Se vos animades....