martes, 31 de outubro de 2017

Día de Muertos

Este ano aínda non nos visitaron nin Pancho, nin a Bruxa, nin a CATRINA.....
Será porque co magosto ás portas non nos deu tempo a facer as flores de CEMPASÚCHILo PAPEL PICADO, as CALACAS...? 
A ver se cando volvamos ao cole o xoves están esperando na aula de música.
Mentres, podemos volver a ver estas dúas curtametraxes marabillosas.

luns, 30 de outubro de 2017

Tanxarina. A galiña azul

O sábado pasado estiveron os nosos queridos TANXARINA no Auditorio de Redondela representando A GALIÑA AZUL, esa historia de Carlos Casares na que a protagonista nin canta nin loce como a bioloxía indica q debería facelo.
Xa sabedes, por moito que diga o determinismo xenético, sempre hai unha xaneliña para a liberdade de ser un mesm@.
O traballo dos actores, os bonecos, a música, a historia... 
INMELLORABLE!!!

SE AÍNDA NON GOZASTES DESTA MARABILLA, ESTADE ATENT@S Á PRÓXIMA REPRESENTACIÓN 



E por certo, se escoitades unha frauta nalgún momento da obra, que saibades que é a miña Anastasia.

martes, 24 de outubro de 2017

Biblioconcertos. Baños sonoros

Este ano repetimos o formato dos Biblioconcertos do ano pasado, serán BAÑOS SONOROS.
Terán lugar na aula de psicomotricidade, haberá que entrar, tumbarse boca arriba, pechar os ollos e sentir a vibración con todo o corpo.
Estarán inspirados en paisaxes sonoras moi diversas, onde os sons animais estarán moi presentes dándonos pistas e axudándonos a mergullarnos na paisaxe.

ESTE VENRES 27 NO RECREO, O GRUPO DE 5ºB ESTARÁ LISTO PARA ACOLLERVOS NA AULA DE PSICOMOTRICIDADE.

QUEDADES CONVIDAD@S!!!


Escoitaredes algo parecido a isto:


Animais de aula. Miñoca

A MIÑOCA é o animal escollido por 5ºA. Se pensades que é imposible escoitar o son das miñocas, ídesvos quedar tan sorprendidos coma min. Outra cousa é que, co ruído que facemos os humanos, sexa doado escoitalas...

Animais de aula. Ourizo

O OURIZO é o animal de aula de 2ºB.
Aínda que pode parecer un animaliño moi tranquilo e silandeiro, o certo é que ten un repertorio moi variado de sons. Todo depende da ocasión e a función para a que utilice a súa voz.

Aquí parece que está "discutindo" cun amigo

Aquí está moi asustado no veterinario e solta un berrido tan forte que non parece que saia dese corpo tan pequeno.

Outro dos seus sons

venres, 20 de outubro de 2017

All Blacks. Premio Princesa de Asturias

Tamén recolleu o premio Princesa de Asturias ao deporte o equipo neozelandés de rugby All Blacks.
Este equipo caracterízase por realizar antes de cada partido a HAKA, unha danza intimidatoria MAORÍ, que os aboríxenes utilizaban para mostrarse grandes ante os inimigos. Igual que algunhas danzas intimidatorias animais.

Aquí está realizada polos propios maoríes.

Música, humor e animais

LES LUTHIERS recolleu hoxe o premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades 2017.
LES LUTHIERS leva 50 anos enriba dos escenarios, regalándonos música, humor e lucidez.
Aquí tedes un vídeo deles de hai moito tempo, interpretando a "PAYADA DE LA VACA".
A payada é como a nosa regueifa, os contrincantes teñen que improvisar unha conversa, poética e musicalmente falando.


Como eles mesmos din:

O HUMOR PERMITE CONTEMPLAR AS COUSAS  DE FORMA LÚDICA E TAMÉN LÚCIDA

Animais de aula. Morcego

O grupo de 3ºA ten o MORCEGO como animal de aula. É un animal moi curioso, que emite diferentes tipos de son, dependendo a función. Algúns deles son de moi baixa frecuencia (moi moi moi graves) e o noso oído non pode percibilos.

luns, 16 de outubro de 2017

INCENDIOS

Hoxe chegamos ao cole tristes e con preocupación. Houbo quen non veu a clase porque non puido durmir na súa casa...
Tiñamos moita gana de que empezase a chover xa dunha vez, así que @s nen@s de infantil decidimos axudar á natureza, a ver se escoitándonos se contaxiaba...



venres, 13 de outubro de 2017

Animais de aula. Raposo e xabarín

Este ano cada aula terá un animal que estudar en profundidade. Na aula de música estamos moi interesad@s en coñecer como son os sons que emite cada un deles.

O animal de 6ºA é o RAPOSO


O animal de 6ºB é o XABARÍN

Canto das aves

Para quen teña curiosidade por recoñecer o canto das diferentes aves, hai unha páxina que ten recopilados  

257 sons!!!

Atoparedes a ligazón na columna da dereita se premedes na imaxe.

https://www.canto-pajaros.es/

Efectos da música nos animais

Outra das cousas das que falamos en clase foi a reacción dos animais cando escoitan música. Caemos na conta de que algunhas veces gústalles e outras non. Por outra banda, como contei coa miña experiencia persoal, ante un mesmo estímulo -a gaita- a cadela viña correndo e o can, pola contra, fuxía.
Hai unha disciplina chamada ZOOMUSICOLOXÍA que se dedica a estudar todo o referido á relación que existe entre animais e música.
Podedes ler sobre isto AQUÍ.
E aquí vos deixo dous exemplos de vacas que SI parecen gostar moito da música. Mirade!!!

martes, 10 de outubro de 2017

Dúo humorístico de dous gatos

O "Duetto buffo di due gatti", é unha peza para dúas sopranos (o rexistro máis agudo das mulleres) atribuída frecuentemente a G. Rossini. 
En realidade non foi composta por el, senón por un tal G. Berthold utilizando anacos da ópera Otello, de Rossini, no 1825.
Aquí tedes dúas marabillosas versións, nas que o MIAUUU é o único texto:


MIAOUUU

Cans cantantes

Hai moitos anos tiven a miña primeira experiencia de facer música con Paula, a cadela do meu amigo o "Negro". Deixárama uns días e cada vez que eu collía a gaita ela viña coma un lóstrego a ouvear ao meu carón.
Fai un par de anos volvín experimentar o mesmo tocando pola mañá en Sober, Lugo. Achegouse tamén unha das dúas cadelas do veciño a cantar coa gaita.
Hai opinións diversas en canto o ouveo dos cans como resposta a música. Eu penso que non lles disgusta, veñen voluntariamente, dende lonxe ás veces, a acompañar o que está soando coa súa expresiva voz.
Aquí tedes dous exemplos:

Musicalidade e ritmo nas aves

Algúns investigadores, coa intención de demostrar que a musicalidade é unha capacidade humana innata e non resultado da cultura, puxéronse a estudar as aves.
Atoparon habilidades moi parecidas ás humanas. Capacidade de recoñecer melodías, de moverse a ritmo, de imitar patróns....
Aquí tedes tres vídeos que o ilustran.
No primeiro veredes unha cacatúa movéndose ao ritmo da música.
No segundo e terceiro aparecen diferentes aves coas súas danzas de cortexo. O compilador editou estes vídeos engadindo música para demostrar que os movementos que fan son moi moi moi rítmicos!!!.


 

A canción das baleas

As baleas e cetáceos comunícanse entre si cuns sons que resultan relaxantes para os humanos, mesmo os investigadores atoparon patróns moi similares aos do noso canto.
Neste caso, unha compañía de Telecomunicacións de Autralia, "Yes Optus", encargou ao compositor Bruce Heald unha peza para comunicarse coas baleas chepudas na súa mesma linguaxe. Fixeron un anuncio publicitario dirixido por David Denneen.
¿Queredes ver que pasou?

domingo, 8 de outubro de 2017

Música e animais

Despois dunha longuísima pausa, retomamos este espazo co proxecto "O MUNDO ANIMAL".
Abordamos o reto de atopar todos os fíos que unen os animais coa música, co mundo sonoro.
Conversando, debatindo e compartindo o que sabemos, atopamos non poucos deses fíos:

BENVID@S OUTRA VEZ A ESTA XANELIÑA!!!