venres, 27 de setembro de 2013

Improvisa

Se queredes transformar o teclado do ordenador nun órgano co cal improvisar con música e imaxe, podedes premer na  ligazón á aplicación IMPROVISA. Tedes que elixir unha carpeta de sons e outra de imaxes. Lembrade que non se emprega o ñ. 
¡A XOGAR!



Hai dous anos os compañeiros que estaban en 5º e 6º traballaron ao redor do MEDO, creando imaxes e sons que están aloxados tamén na aplicación. Aquí os tedes: 

domingo, 22 de setembro de 2013

"MERCI" contaxiando a alegría

¿que fai o home da curta? ¿por que? ¿para que? 
NON IMPORTA
O importante é a VIBRACIÓN capaz de mudar o estado de ánimo da xente que o rodea.

¡¡¡BO COMEZO DO OUTONO!!!

venres, 20 de setembro de 2013

axenda cultural

Se queredes estar enterados das festas, foliadas, seráns, concertos, cursos e todo o que ten que ver coa nosa música, non tedes máis que premer na ligazón de MALMEQUER que tedes no menú da dereita.


E este domingo, na Xunqueira ...
                             

mércores, 18 de setembro de 2013

músicos e veciños

Este ano decidimos poñer moita atención a todo o que ten que ver co noso pequeno mundo, co noso CONTORNO. Por iso as músicas que escoitaremos coa sinal de entradas e saídas do cole e ao recreo serán de músicos e grupos redondeláns. Ou sexa, veciños. Polo de agora empezamos e rematamos a xornada escoitando unha mazurca do grupo Tanto Nos Ten "Música Tradicional Furtiva".
Aquí os tedes:

 

domingo, 15 de setembro de 2013

De estrea


...a este espazo que é coma unha casa nova. Inda está baleiro, pero irá enchéndose de sons, cantigas, danzas, descubrimentos, creacións...
Invitámosvos a visitalo

mércores, 30 de xaneiro de 2013

Visita Mariachi

Carlos García Gómez (pai de Carlos García Pazos, de 3º A) fíxonos unha visita para ensinarnos o GUITARRÓN. Algún de nós nunca mirara un nin en foto.
Viñeron con el dous compañeiros do grupo MARIACHI: Gabriel (o violinista) e Lino García que este día tocaba o cuatro e tamén é o director do grupo.
¡¡¡Ana de la Iglesia atreveuse a subir ao escenario e comprobar o peso de instrumento!!!


E logo cantamos xuntos todas as cancións mexicanas que sabemos.
 Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas.

 ¡¡¡MOITAS GRAZAS CARLOS, GABRIEL E LINO!!!!!

mércores, 2 de xaneiro de 2013

Pedimos o aguinaldo

No 2012 pedimos o aguinaldo con estas cantigas:

1ºA cantou "UNHA POUCA ROUPIÑA"

Os dous 5ºs pediron o aguinaldo coas "Janeiras de Macedo de Cavaleiros", cantiga portuguesa.
Así o fixeron os de 5ºA

Así os de 5ºB: E así os dous xuntos no Festival de Panxoliñas: